Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria non suxeito a regulación harmonizada, do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes desta consellería (expediente 126/2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 126/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/17.

• Lotes:

Lote 1: especialidades da familia administración e xestión.

1. Accións formativas que comprende:

– adgd0208 xestión integrada de recursos humanos.

– adgd0108 xestión contable e xestión administrativa para auditoría.

– adgd0210 creación e xestión de microempresas.

Lote 2: especialidades da familia agraria.

2. Accións formativas que comprende:

– agah0108 horticultura e floricultura.

– agaj0108 actividades auxiliares en floraría.

– agaj0110 actividades de floraría.

– agao0108 actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.

– agar0108 aproveitamentos forestais.

– agar0309 actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Lote 3: especialidades da familia edificación e obra civil.

3. Accións formativas que comprende:

– eocb0108 fabricas de albanelaría.

– eoce0109 levantamentos e replanteos.

Lote 4: especialidades da familia electricidade e electrónica.

4. Accións formativas que comprende:

– elee0109 montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.

– elem0111 montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos.

– elem0210 xestión e supervisión da montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

– elem0311 montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

– eleq0311 mantemento de equipamentos electrónicos.

– eles0108 montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios.

Lote 5: especialidades da familia de enerxía e auga.

5. Accións formativas que comprende:

– enae0108 montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.

– enae0208 montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas.

Lote 6: especialidades da familia de fabricación mecánica.

6. Accións formativas que comprende:

– fmec0108 fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial.

– fmec0110 soldadura con electrodo revestido e tig.

– fmec0210 soldadura oxigás e soldadura mig/mag.

– fmee0108 operacións auxiliares de fabricación mecánica.

– fmee0308 deseño de produtos de fabricación mecánica.

– fmeh0109 mecanizado por arranque de labra.

– fmem0209 produción de mecanizado, conformado e montaxe mecánica.

– fmem0311 fabricación de cuños para a produción de pezas de chapa metálica.

Lote 7: especialidades da familia de hostalaría e turismo.

7. Accións formativas que comprende:

– hotr0108 operacións básicas de cociña.

– hotr0208 operacións básicas de restaurante e bar.

– hotr0508 servizos de bar e cafetaría.

Lote 8: especialidades da familia de industrias extractivas.

8. Accións formativas que comprende:

– iexd0108 elaboración da pedra natural.

– iexd0409 colocación de pedra.

Lote 9: especialidades da familia de informática e comunicacións.

9. Accións formativas que comprende:

– ifcd0110 confección e publicación de páxinas web.

– ifct0108 operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos.

– ifct0309 montaxe e reparación de sistemas microinformáticos.

Lote 10: especialidades da familia de instalación e mantemento.

10. Accións formativas que comprende:

– imai0108 operacións de fontanaría e calefacción-climatización doméstica.

– imaq0108 mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial.

– imar0108 montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas.

– imar0208 montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción.

– imar0308 desenvolvemento de proxectos de redes e sistemas de distribución de fluídos.

Lote 11: especialidades da familia de imaxe persoal.

11. Accións formativas que comprende:

– impe0108 servizos auxiliares de estética.

Lote 12: especialidades da familia de madeira, moble e cortiza.

12. Accións formativas que comprende:

– mamd0109 aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble.

– mamd0209 traballos de carpintaría e moble.

– mams0108 instalación de elementos de carpintaría.

Lote 13: especialidades da familia marítimo pesqueira.

13. Accións formativas que comprende:

– mapn0410 operacións en transporte marítimo e pesca de baixura.

Lote 14: especialidades da familia de seguridade e medio ambiente.

14. Accións formativas que comprende:

– seag0109 interpretación e educación ambiental.

– seag0211 xestión ambiental.

– seag0309 control e protección do medio natural.

Lote 15: especialidades da área profesional Formación e educación da familia, servizos socioculturais e á comunidade.

15. Accións formativas que comprende:

– ssce0110 docencia da formación para o emprego.

Lote 16: especialidades da área profesional Atención social da familia, servizos socioculturais e á comunidade.

16. Accións formativas que comprende:

– sscs0208 atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

– sscg0111 xestión de chamadas de teleasistencia.

Lote 17: especialidades da familia transporte e mantemento de vehículos.

17. Accións formativas que comprende:

– tmvg0209 mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos.

– tmvg0409 mantemento de motor e os seus sistemas auxiliares.

– tmvl0309 mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos.

– tmvl0509 pintura de vehículos.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: establécese para cada lote, a contar dende a sinatura dos contratos respectivos. Todos os lotes teñen de prazo total ata o 26.12.2014, a excepción do lote 14 que fíxase no 2.10.2014.

f) Admisión de prórroga: si, por un ano.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 98390000-3 Outros servizos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en adiante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: sete millóns oitocentos oito mil douscentos oitenta e seis euros con trinta e dous céntimos (7.808.286,32 €), incluída a posible prórroga por un ano.

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: tres millóns novecentos catro mil cento trinta e catro euros con dezaseis céntimos (3.904.134,16 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 115.381,50 €, lote 2: 346.203,05 €, lote 3: 109.575,38 €, lote 4: 289.414,13 €, lote 5: 210.336,75 €, lote 6: 568.278,75 €, lote 7: 138.528,02 €, lote 8: 95.472,00 €, lote 9: 370.509,79 €, lote 10: 529.117,90 €, lote 11: 43.173,00 €, lote 12: 163.371,01 €, lote 13: 37.469,25 €, lote 14: 95.340,38 €, lote 15: 320.297,25 €, lote 16: 250.389,75 €, lote 17: 221.276,25 €.

Esta contratación poderá estar cofinanciada polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e Emprego 2007ESOUPO001 Período de Programación 2007-2013.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: deberá constituírse unha garantía provisional para cada un dos lotes aos que licita do 1,5 % do orzamento de licitación de cada lote.

Garantía provisional para cada lote:

Lote 1: 1.730,72 €, lote 2: 5.193,04 €, lote 3: 1.643,63 €, lote 4: 4.341,21 €, lote 5: 3.155,05  €, lote 6: 8.524,18 €, lote 7: 2.077,92 €, lote 8: 1.432,08 €, lote 9: 5.557,64 €, lote 10: 7.936,76 €, lote 11: 647,60 €, lote 12: 2.450,57 €, lote 13: 562,04 €, lote 14: 1.430,11 €, lote 15: 4.804,46 €, lote 16: 3.755,85 €, lote 17: 3.319,14 €.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación de cada un dos lotes aos que licita.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 5.3.1.f) e 5.3.1.g) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20058

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A conselleira de Traballo e Benestar
P.D. (Orde do 19.8.2009)
A secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar
P.A. (Artigo 7.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Mª Aránzazu Portabales Santomé
Vicesecretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar