Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria non suxeito a regulación harmonizada, do servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social, dentro da Rede Eusumo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (expediente 125/2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13 e 981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 125/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social, dentro da Rede Eusumo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: 15 meses desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 98390000-3 Outros servizos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cento noventa mil euros (190.000,00 €).

5. Orzamento base de licitación: o importe total deste contrato é de cento noventa mil euros (190.000,00 €) máis trinta e nove mil novecentos euros (39.900,00 €) correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de douscentos vinte e nove mil novecentos euros (229.900,00 €), distribuídos do seguinte xeito:

Ano 2014: 106.876,03 € + 22.443,97 € (IVE 21 %)= 129.320,00 €.

Ano 2015: 83.123,97 € + 17.456,03 € (IVE 21%)= 100.580,00 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 80.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: véxanse cláusulas 5.3.1.f) e 5.3.1.g) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade. 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19997

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar