Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos do Sindicato Unidos en una Mano (SUMA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos do Sindicato Unidos en una Mano (SUMA), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderá afiliarse á devandita organización sindical toda persoa en idade de traballar por conta allea, que estea en activo ou en paro, ou en situación de xubilado.

Asinan a acta de constitución: Manuel Vidueira Franjo, Margarita Blanco Crespo, Antonio Posada Prieto, María Jesús Sánchez Martínez e Jª Esther Suárez Villar.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social