Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (484/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 484/2013, deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Riveiro González, contra Sada Hostelería, S.L., con intervención do Fogasa e da administración concursal, sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Estímanse as demandas interpostas por José Manuel Riveiro González contra Sada Hostelería, S.L., con intervención procesual da administración concursal e do Fogasa, e, en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte a demandante con efectos desde o 29.5. 2013.

2. Declárase extinguido, con data desta resolución, o contrato que une o demandante coa empresa demandada.

3. Condénase a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 23.265,40 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto a nome deste xulgado, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sada Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de decembro de 2013

A secretaria xudicial