Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 865

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (519/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 11.12.2013 no proceso seguido por instancia de Margarita Iglesias Pais contra Editorial Dendra, S.L., Katedra Profesional, S.L. e José Manuel Otero Regueiro, en reclamación por despedimento, se rexistrou co número 519/2013 e acordouse notificar a Katedra Profesional, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Ditame.

Estímase integramente a demanda formulada por Margarita Iglesias Pais contra as empresas Editorial Dendra, S.L. e Katedra Formación, S.L., e José Manuel Otero Regueiro, con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

– Declárase a nulidade do despedimento da demandante efectuado por comunicación recibida o 8.4.2013.

– Condénanse os codemandados á inmediata readmisión da demandante nas mesmas condicións existentes con anterioridade, con aboamento dos salarios deixados de percibir que se devindiquen ata a readmisión en contía de 36,54 euros diarios.

Impóñense aos codemandados, con carácter solidario, o pagamento das custas procesuais, co límite de 600 euros en canto a honorarios de avogados e graduados sociais, así como o pagamento dunha sanción pecuniaria por importe de 300 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Katedra Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de decembro de 2013

A secretaria xudicial