Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (880/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 880/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Consuelo Varela Verdía contra a empresa Tocci, S.A., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza.

Na Coruña o 12 de decembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 880/2011 seguidos por instancia de Consuelo Varela Verdía, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a entidade Tocci, S.A., e con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Consuelo Varela Verdía, contra a entidade Tocci, S.A., con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno á demandada a que aboe o demandante a cantidade de 882,8 euros.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso de suplicación, conforme o disposto no artigo 191.2.g) da LRXS.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tocci, S.A., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2013

A secretaria xudicial