Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (445/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 445/2013 a instancia de María del Carmen Lado López contra a empresa Textil Locer, S.L., a administradora concursal da empresa Textil Locer, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato, nos cales se ditou sentenza o 30.10.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por María del Carmen Lado López fronte á empresa Textil Locer, S.L., a súa administración concursal, con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Declárase a falta de acción da demandada para solicitar a extinción da relación laboral.

– Condénase a empresa Textil Locer, S.L. a aboar á demandante, en concepto de salarios pendentes de pagamento, a cantidade de seis mil douscentos corenta e catro euros con trinta e tres céntimos de euro (6.244,33 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Textil Locer, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 13 de decembro de 2013

A secretaria xudicial