Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 871

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1041/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1041/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa Electro Cinfel Tenerife, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza 674/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social 1041/2011.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Sr. Esteban Juega.

Demandados:

– INSS e TXSS.

Letrado: Sra. Suárez Berea.

– Electro Cinfel Tenerife.

Letrado:

Sentenza nº 674/2013.

A Coruña, 13 de decembro de 2013.

Resolvo:

– Estimo parcialmente a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e, en consecuencia:

1. Condeno a empresa Electro Cinfel Tenerife, como responsable directa, ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria e pagamento delegado de IT prestada á traballadora Luz Mary Castro Carbajal, derivados do accidente de traballo acontecido o día 24.4.2009 e que ascende á suma total de 3.112,46 euros, que comprende 1.010,93 euros en concepto de asistencia sanitaria e 2.101,53 euros por prestacións económicas de IT, cantidades que a citada empresa debe reintegrar á Mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, de ser o caso, poida recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de acordo co artigo 126 da Lei xeral da Seguridade Social.

2. Condeno o INSS como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e só para o caso de insolvencia da empresa, ao pagamento á Mutua das sumas de 1.010,93 euros en concepto de gastos de asistencia sanitaria respectivamente, acreditados no accidente de traballo sufrido por Luz Mary Castro Carbajal.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Electro Cinfel Tenerife, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de decembro de 2013

A secretaria xudicial