Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 663

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (869/2011).

Número de autos: procedemento ordinario 869/2011 F.

Demandantes: María Belén Neira Carral, Yolanda Irene Estévez Acedo.

Demandados: Ibertel Global, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 869/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Neira Carral, Yolanda Irene Estévez Acedo, contra a empresa Ibertel Global, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

Procedemento: autos número 869/2011.

Sentenza número: 00722/2013.

Sentenza.

A Coruña, 11 de decembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 869/2011 seguidos por instancia de Yolanda Irene Estévez Acedo e María Belén Neira Carral, representadas polo letrado Sr. Orantes Canales, fronte á empresa Ibertel Global, S.L., con intervención do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Ditame:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Yolanda Irene Estévez Acedo e María Belén Neira Carral fronte á empresa Ibertel Global, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e en consecuencia debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe as seguintes cantidades: a Yolanda Estévez Acedo a cantidade de 1.547,14 euros, e a María Belén Neira Carral a cantidade de 2.721,60 euros, en ambos os dous casos para incrementar co xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibertel Global, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial