Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 864/11).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 864/11 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Antelo Canedo contra a empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L. e con intervención do Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ramón Antelo Canedo, contra a entidade Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal S.L., con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 5.001,94 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 13 de decembro de 2013

A secretaria xudicial