Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (51/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 51/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esperanza González Rodríguez, José Ángel Insua López, María Teresa Sánchez Losada, María Yolanda Torres Iglesias e Juan Ramón Castro García contra a empresa Ambulancias Carballo, S.L., o administrador concursal de Ambulancias Carballo, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Esperanza González Rodríguez, José Ángel Insua López, María Teresa Sánchez Losada, María Yolanda Torres Iglesias e Juan Ramón Castro García, fronte á empresa Ambulancias Carballo, S.L., con intervención procesual de Fogasa, e a administración concursal da empresa, e en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe as seguintes cantidades: a Esperanza González Rodríguez, 3.790,71 euros; a José Ángel Insua López, 2.647,36 euros; a María Teresa Sánchez Losada, 2.814,24 euros; a María Yolanda Torres Iglesias, 3.671,76 euros, e a Juan Ramón Castro García, 2.665,77 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a empresa Ambulancias Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial