Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 658

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (397/2012).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, fago saber que no presente procedemento se ditou a sentenza cuxo encabezamento e ditame son do seguinte teor literal:

Sentenza.

Ribeira, 3 de setembro de 2013.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo verbal número 397/2012, sendo a parte demandante Antonio Rivas Cores, representado pola procuradora Delfina Pariente e asistido pola letrada Mª del Carmen Mos, e parte demandada Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, quen non compareceu malia estar citada legalmente, polo que se declara en rebeldía procesual.

Ditame que estimando a pretensión do demandante Antonio Rivas Cores contra a demandada Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, debo condenar e condeno a demandada Teleinformática y Comunicaciones de Galicia ao pagamento de 6.585 € en concepto de rendas debidas e non satisfeitas, incrementadas cos xuros de demora, desde a data dos non pagamentos das rendas e os xuros do artigo 576 da LAC.

Condénase a demandada ao pagamento das custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste notifícaselle a Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L.U. co fin de que se é do seu interese interpoña o correspondente recurso de apelación.

Ribeira, 25 de setembro de 2013

A secretaria xudicial