Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 656

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (810/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 116/2013.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013.

Vistas por Lorena Tallón García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as actuacións correspondentes ao xuízo ordinario 810/2012 seguidas ante este xulgado por instancia de Rosa López Díaz, representada polo procurador Juan Belmonte Pose e asistida pola letrada María de los Ángeles Rodríguez Mato, fronte a José Luis López Souto, en situación de rebeldía procesual.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Belmonte Pose, en representación de Rosa López Díaz, e en consecuencia, debo condenar e condeno o demandando a pagar á demandante a cantidade de vinte e oito mil oitocentos noventa e sete euros (28.897 €), máis os xuros remuneratorios e os xuros de demora concertados polas partes, así como os xuros de demora procesual previstos no artigo 576 da LAC, todo isto con expreso pronunciamento de condena en custas ao demandado.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela non cabe interpoñer, ante este xulgado e para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, logo de consignación do depósito preceptivo.

Únase esta sentenza ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño para a súa incorporación a estas actuacións.

Así o acordo e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Luis López Souto, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

O/a secretario/a xudicial