Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 665

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (967/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 967/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Fraile Maestro contra a empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Estimar a demanda formulada por Daniel Fraile Maestro contra a empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L. e condeno esta a aboar á parte demandante as cantidades seguintes:

Salario do mes de xullo de 2011: 1.301,43 euros.

Salario do mes de agosto de 2011: 1.301,43 euros.

Salario do mes de setembro de 2011: 1.301,43 euros.

Indemnización por falta de aviso previo: 173,52 euros.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.36.0967.11, demostrándoo mediante a presentación do comprobante do ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0967.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso nomomento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2013

O secretario xudicial