Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 414

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (536/2011).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial, do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 do Porriño, por medio do presente, anuncio que neste xulgado se seguiron autos de divorcio contencioso 536/2011 e se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor seguinte:

«Sentenza.

O Porriño, 7 de decembro de 2012.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O presente procedemento deriva da demanda presentada o 10 de outubro de 2011 pola representación procesual da Sra. Sokrate no cal reclamaba a declaración da disolución, por divorcio, do matrimonio contraído co Sr. Abdelati Hili (...).

Resolvo.

Decretar a disolución, por divorcio, do matrimonio contraído entre Siham Sokrate e Abdelati Hili con todos os efectos legais inherentes.

Atribúese a garda e custodia do fillo menor común Youssef Hili á nai. A patria potestade permanecerá compartida.

Non se fai pronunciamento sobre o réxime de visitas do fillo menor común.

Establécese o pagamento dunha pensión en concepto de alimentos en favor do seu fillo menor Youssef Hili, na contía de 250 euros mensuais a cargo de Abdelati Hili. O pagamento producirase mediante ingreso na conta bancaria designada pola Sra. Sokrate dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e será actualizada anualmente conforme a variación do IPC que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Establécese o pagamento dunha pensión compensatoria de 200 euros mensuais a favor da Sra. Sokrate a cargo de Abdelati Hili. O pagamento producirase mediante ingreso na conta bancaria designada pola Sra. Sokrate dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e será actualizada anualmente conforme a variación do IPC que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Os gastos extraordinarios deberán satisfacerse por metade e entre eles inclúense os gastos de xestación habidos.

Sen pronunciamento expreso canto ás custas.

Unha vez firme esta sentenza, notifíquese ao Rexistro Civil onde conste o matrimonio.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se presentará neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi publicada pola xuíza que a subscribe no mesmo día da súa data, celebrando audiencia pública coa miña asistencia, o secretario, do cal dou fe».

E para que así conste, encontrándose o demandado Joaquín Bóveda Vila en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 9 de decembro de 2013

A secretaria xudicial