Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 412

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3084/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3084/2013-RF- desta Sección, seguido por instancia de José María Carbajales Grobas contra a empresa Fogasa, Manuel Malde López, C.B, admón. concursal Manuel Malde, C.B. (Marina Bodegón Monteselos), Natalia Malde Tellería, Amaya Malde Tellería, Óscar Malde Pardo de Andrade, Oyalia, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por José María Carbajales Grobas contra a sentenza do 2 de xaneiro de 2013, do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Oyalia Sociedad Limitada, Amalia Dolores Malde Tellería, Natalia Malde Tellería, a administración concursal de Manuel Malde Comunidade de bens e Óscar Malde Pardo de Andrade, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágase saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentencia e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Manuel Malde López, C.B. e Óscar Malde Pardo de Andrade, con últimos domicilios coñecidos na Rúa do Vilar, 21, 15705 Santiago de Compostela e na r/ Real, 69, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial