Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 416

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (326/2012).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Sarria (Lugo) polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 326/12 seguido por instancia da sindicatura da quebra de Construcciones Noceda, S.L. contra o Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Construcciones Noceda, S.L., Concello de Culleredo, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Sarria, 27 de setembro de 2013.

Cristina Díaz Rodríguez, xuíza do Xulgado de Primera Instancia desta vila e o seu partido xudicial, viu os presentes autos incidentais número 326/12, sobre retroacción de quebra seguidos por instancia da sindicatura da quebra de Construcciones Noceda, S.L., entidade representada pola procuradora señora López Vizcaíno, contra o Concello de Culleredo, representado pola procuradora señora Abella García, o BBVA, representado pola procuradora señora García García e Construcciones Noceda, S.L, declarada en rebeldía procesual.

Decido:

Que debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta pola sindicatura da quebra de Construcciones Noceda, S.L., contra as demandadas Concello de Culleredo, BBVA e Construcciones Noceda, S.L., con imposición das custas á parte demandante.

Lévese o orixinal ao protocolo de sentenzas deixando testemuño bastante nas actuacións.

Notifíquese a presente resolución xudicial ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden formular no prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, recurso de apelación que será resolto pola Audiencia Provincial de Lugo.

Así pronuncio mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

E encontrándose o devandito demandado, Construcciones Noceda, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Sarria, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial