Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 418

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1344/2009).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento demanda 1344/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Isabel Pemán Pérez contra a empresa Tecnologías Plexus, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Cablecom Servicios Informáticos, S.L., Consellería de Cultura, Coremain, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, que se xunta:

«Resolvo:

Que desestimando a demanda formulada pola demandante contra a Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Tecnologías Plexus, S.L., Cablecom Servicios Informáticos, S.L., Coremain, S.L.U. e Fogasa, debo absolver e absolvo os demandados das pretensións deducidas na súa contra.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte, do seu avogado ou representante dentro do prazo indicado.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cablecom Servicios Informáticos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013

A secretaria xudicial