Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1006/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario nº 1006/2011 se ditou sentenza nº 299, cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 1006/2011, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de José García Núñez, asistido e representado polo letrado Xavier Castro Martínez, contra Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L. –que non comparecen–, os administradores concursais Carlos Manuel Paz Costas, comparece en substitución o letrado Martín Rabuñal Andrade, Enrique Feans García, que comparece por si mesmo, Alberto López Rodríguez, que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por José García Núñez contra Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L., administración concursal e o Fogasa e, en consecuencia, condeno solidariamente a Construnor Estructuras, S.L. e Grupo Construnor Estructuras, S.L. a aboar ao demandante 4.650,89 euros, condenando a administración concursal a estar e pasar por esta resolución na devandita condición e ao Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndoos saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Grupo Construnor Estructuras, S.L., e a Construnor Estructuras, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial