Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (830/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento por despedimento nº 830/2012 se ditou sentenza nº 298, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 830/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, por instancia de Cristian Rodríguez Gundín, asistido polo letrado Xavier Castro Martínez contra AJP Guy y otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud e Katia Jocelyne Audoy, que non comparecen, e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Cristian Rodríguez Gundín contra AJP Guy y otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud, Katia Jocelyne Audoy e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 24 de setembro de 2012 e condeno solidariamente os demandados a optar entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón de 42,47 euros día ou a extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 5.564,57 euros. Condeno as demandadas ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución de conformidade co artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

A opción do empresario deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a AJP Guy y otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud e a Katia Jocelyne Audoy, expido o presente.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial