Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1144/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1144/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Sánchez Calvo contra a empresa Proyectos Deportivos Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse auto o 9 de decembro de 2013, cuxa parte dispositiva literalmente di así:

Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 29 de abril de 2013, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución, debendo entenderse que a antigüidade real de Carlos Sánchez Calvo é do 18 de maio de 2000.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada-xuíza Pilar Carreira Vidal.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Proyectos Deportivos Noroeste, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial