Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 63

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (354/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 354/2010 por instancia de Juan Manuel Pombo Muñiz contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Público de Emprego, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a empresa Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A., a empresa Montajes Metálicos Fervaz, S.L., a empresa Maseico, S.L. e a Administración concursal da empresa Maseico, S.L., sobre incapacidade, nos cales se ditou sentenza o 4 de decembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que se estima parcialmente a demanda formulada por Juan Manuel Pombo Muñiz fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Público de Emprego Estatal, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a empresa Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A., a empresa Montajes Metálicos Fervaz, S.L., a empresa Maseico, S.L. e a Administración concursal de Maseico, S.L., e en consecuencia:

– Declárase a existencia de infracotización por parte das empresas Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A. e Maseico, S.L. nos seguintes períodos de tempo en que o demandante prestou servizos para estas:

• Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A., de febreiro a xuño de 2005, ambos incluídos.

• Maseico, S.L., de abril de 2007 a xaneiro de 2008.

Declárase a responsabilidade das devanditas empresas nos períodos que afecten cada unha delas e son condenadas a aboar a diferenza, sen prexuízo da obriga de anticipo da diferenza de pensión a cargo do INSS, vinculando á administración concursal de Maseico, S.L. tales cantidades.

– Declárase que a base reguladora da pensión de incapacidade permanente total que corresponde a Juan Manuel Pombo Muñiz debe ser calculada, ademais de cos salarios efectivamente percibidos nos períodos de infracotización, tendo en conta o período comprendido desde o mes de febreiro de 2004 ao mes de febreiro de 2009, e condénase a entidade xestora ao aboamento da prestación de IPT conforme a devandita base reguladora.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes Metálicos Fervaz, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial