Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 61

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1052/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1052/2011 por instancia de Francisco Manuel Seoane Martínez e Juan Carlos Muíño López contra a empresa Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos que se ditou sentenza o 2 de decembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Francisco Manuel Seoane Martínez e Juan Carlos Muíño López fronte a Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L. a aboar as seguintes cantidades:

• A Francisco Manuel Seoane Martínez a cantidade de nove mil seiscentos oitenta euros con dezaoito céntimos de euro (9.680,18 euros).

• A Juan Carlos Muíño López a cantidade de nove mil oitocentos trinta euros con trinta céntimos de euros (9.830,30 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial