Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 59

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4137/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 4137/2011.

Xulgado de orixe: autos: demanda 639/2010 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recurrente: Ministerio de Defensa.

Abogado: abogado do Estado.

Recurridos: Fogasa, TQM Hostelería Limpiezas y Servicios, S.L., Jorge Rodríguez González, Eva María Díaz Noval, María Rouco González.

Abogado: Fernando Barro Sabín.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4137/2011, seguido por instancia do Ministerio de Defensa contra o Fogasa, TQM Hostelería, Limpiezas y Servicios, S.L., Jorge Rodríguez González, Eva María Díaz Noval, María Rouco González, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación articulado pola Administración do Estado (Ministerio de Defensa) contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol o 2 de marzo de 2011, en autos nº 639/2010, sobre cantidades, instados por Eva María Díaz Noval, Jorge Rodríguez González e María Rouco González contra a empresa TQM Hostelería, Limpiezas y Servicios, S.L., o Ministerio de Defensa e o Fogasa, confirmamos a resolución de instancia e impoñemos á Administración recorrente o aboamento das custas do recurso que incluirán os honorarios do letrado da parte demandante impugnante deste en contía de 300 euros. Debe darse aos depósitos e consignacións, se houber, o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corriente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a TQM Hostelería, Limpiezas y Servicios, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Tiro Naval Janer, 16, 1, Marín (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial