Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 65

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (702/2010).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 702/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Soledad Anguiano Igea contra a empresa Laboratorios Diasa Pharma, S.A. e o Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda formulada pola demandante contra o Servizo Público de Emprego e Laboratorios Dhiasa Pharma, S.A., debo condenar o Servizo Público de Emprego a que lle inclúa como cotizado o período de maio de 2007 ata o 31 de xaneiro de 2008 e desde o 4 de marzo de 2009 ao 28 de febreiro de 2010, incrementándose o período de prestación por eses días a razón de 82,47 euros diarios, e absolvo a empresa demandada das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivamento.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial