Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 66

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1176/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1176/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Choren Delgado contra a empresa Imagraf, Sociedade Cooperativa Lda. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Manuel Choren Delgado contra a empresa Imagraf Sociedad Corporativa, Lda., debo condenar e condeno a esta a que aboe ao demandante a cantidade de 8.732,84 euros polos conceptos reclamados en demanda, así como o dez por cento de xuro de demora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

A maxistrada-xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Imagraf Sociedade Cooperativa, Lda., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial