Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 67

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1068/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1068/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Vázquez Mariñas contra a empresa Electricidad Mayfra, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame di literalmente:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta polo demandante contra a empresa Electricidad Mayfra, S.L., debo condenar e condeno esta a que aboe ao demandante a cantidade de 6.618,84 euros polos conceptos especificados.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electricidad Mayfra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial