Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 68

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (727/2010).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 727/2010 deste xulgado, seguido por instancia de María Caridad Domínguez contra Kotlas, S.L., Ofir Inversiones, S.L., Coiramar, S.L., ditouse sentenza cuxa resolución di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Caridad Domínguez, contra Coiramar, S.L., Kotlas, S.L. e Ofir Inversiones, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que lle aboen solidariamente á demandante a suma de dous mil doce euros con vinte e dous céntimos (2.012,22 €) polos conceptos indicados no feito terceiro da demanda, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ofir Inversiones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial