Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 69

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (183/2013).

Demandante: Martín Santalla Seoane.

Avogado: Xavier Castro Martínez.

Demandada: Mabarza, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 183/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Santalla Seoane contra a empresa Mabarza, S.L. sobre ordinario, ditouse auto e decreto con data do 5.12.2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Martín Santalla Seoane, fronte a Mabarza, S.L., parte executada, por importe de 28.580,64 euros en concepto de principal (10.018,29 euros de indemnización máis 18.562,35 euros en concepto de salarios, complemento de IT e liquidación de vacacións devindicados desde xaneiro de 2011 ata o mes de xullo de 2012), máis outros 2.858,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas.

Non despachar execución contra Brauron, S.L. e Exfoga, S.L.U., por estar en concurso, os que se tramitan ante os xulgados do mercantil número 1 e número 2 da Coruña, respectivamente.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e a copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesual exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta número 00301846420005001274 debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pago a Mabarza, S.L., pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros devindicados, se é o caso, ata a data da demanda, e, se non pagase no prazo de dez días, proceder ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as costas desta.

– Requirir a Mabarza, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por qué persoas e con qué título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentes non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 186 LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para impugnar de 25 euros, na conta nº 5076 aberta en Banco Español de Crédito, debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código «31 Social-Revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «código 31 Social-Revisión». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mabarza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013

A secretaria xudicial