Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50149

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (284/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 284/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez contra a empresa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo:

1. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Laura Cereijo Míguez, representada pola graduada social Mallo Nieves, contra a entidade Limpiezas El Polígono, S.L., Ancora Hispania, S.L. e o Fogasa, que non compareceron a pesar de estaren debidamente citadas, contra a entidade Limpiezas Salgado representada polo seu apoderado Alberto Rodríguez Gómez e asistida polo letrado Comendador Rey e contra a entidade Asisa, Asistencia Sanitaria Interprovincial de Seguros, S.A., representada pola letrada Rodríguez Murcia Colona, sobre despedimento obxectivo individual, e en consecuencia, non procedendo a declaración de nulidade do despedimento, declarar a improcedencia do despedimento, absolvendo a entidade Asisa de todos os pedimentos efectuados contra ela, con condena das mercantís demandadas Limpiezas El Polígono e Ancora Hispania, S.L., a readmitiren inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 2,62 euros diarios, ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización por despedimento improcedente que se fixará no punto 2º desta resolución.

Condeno a Limpiezas Salgado, S.L. a estar e pasar por esta declaración.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 761,765 € (euros).

3. Non procece condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Limpiezas El Polígono, S.L., insírese o presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

A secretaria xudicial