Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50148

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Confederación Intersindical Galega contra a empresa Confederación de Empresarios de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), Limpiezas El Polígono, S.L. sobre conflito colectivo, se ditou dilixencia de ordenación con data do 2 de decembro de 2013, co teor literal seguinte:

«Por outra parte, ante a imposibilidade de notificar a Limpiezas El Polígono, S.L., acórdase notificar por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, advertindo a citada empresa de que ten á súa disposición os autos para a súa consulta na oficina xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

A secretaria xudicial