Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50147

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (456/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 456/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Alexander Bueno Silva contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«1. Estimo a demanda sobre despedimento interposta por instancia de Raúl Alexander Bueno Silva, asistido pola letrada Marisol Romero Salgado, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.L., que non comparece malia estar debidamente citada, sobre despedimento por causas obxectivas e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral na data desta sentenza, co aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución (ao non ser posible a readmisión por cesamento na actividade da empresa).

2. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 33.614,42 euros.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Excavaciones Migasa, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

A secretaria xudicial