Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50151

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 257/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Susana Taboada Pol contra a empresa Moure Pan, S.L. sobre despedimento, se ditou resolución, en que se acorda citar a Moure Pan, S.L., co fin de que o día 3 de xaneiro de 2014, ás 9.00 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sita na planta baixa, na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, para a comparecencia acordada na presente execución. Fáiselle saber que toda a documentación está ao seu dispor na secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación para a comparecencia sinalada para o día 3 de xaneiro de 2014 ás 9.00 horas, a Moure Pan, S.L. e ao representante legal de Moure Pan, S.L., para practicar o interrogatorio de parte solicitado pola executante, expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

A secretaria xudicial