Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-197/13 e PO-241/13 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselle á persoa que a seguir se relaciona, á que non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas no expediente de multa, por infracción en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 21 de novembro de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Grefer 21, S.L.

B-36977544

PO-197/13

Artigo 23.o) en relación co 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Salamanca, 6, 3º D, 36204 Vigo

Multa de 1.560 € e un mes de suspensión de licenza municipal de apertura

Grefer 21, S.L.

B-36977544

PO-241/13 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Salamanca, 6, 3º D, 36204 Vigo

Multa de 1.560 € e un mes de suspensión de licenza municipal de apertura