Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49829

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se fai pública a oferta de emprego público 2010 e 2011.

A Xunta de Goberno Local, en sesións do 5.12.2013 e do 13.12.2013, adoptou acordo polo que aproban as bases específicas correspondentes ás prazas que configurarán a 2ª fase da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010-2011, que se relacionan a continuación: técnico/a de administración xeral, auxiliar de administración xeral, alguacil, enxeñeiro-técnico industrial, diplomado en traballo social, técnico/a medio/a igualdade, inspector principal do corpo da policía local, policía, cabo do servizo de extinción de incendios, bombeiro, condutor-bombeiro.

Así mesmo, ofértanse en réxime laboral as seguintes prazas: oficial condutor e oficial xardineiro.

Serán de aplicación as bases xerais aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 14 de setembro de 2012 e publicadas no BOP do 31 de outubro de 2012 e no DOG do 18 de decembro seguinte.

Autorízase a convocatoria dos procesos selectivos para a provisión das prazas contidas nas ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2010 e 2011 e relacionadas neste acordo, de conformidade coas bases das convocatorias respectivas.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes que conta desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación do acto que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos, 8, 25 e 46 da vixente Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Bases específicas

A) Persoal funcionario:

OEP 2010

OEP 2011

Técnico/a Administración xeral

1 praza

Auxiliar de Administración xeral

4 prazas

Auxiliar de Administración xeral

2 prazas

Alguacil

1 praza

Enxeñeiro/a técnico/a Industrial

1 praza

Diplomado/a en traballo social

7 prazas

Técnico/a medio/a igualdade

1 praza

Inspector/a principal policía local

2 prazas

Policía local

21 prazas

Policía local

2 prazas

Cabo extinción de incendios

1 praza

Bombeiro

2 prazas

Bombeiro

2 prazas

Condutor-bombeiro

1 praza

B) Persoal laboral:

Oficial de oficios: 4 prazas, nivel de titulación: graduado escolar, FP-1 ou equivalente

Nº de prazas

Denominación

Quenda

Quenda

3

Oficial condutor

1 libre (OEP 2010)

2 promoción interna (OEP 2011)

1

Oficial xardineiro

1 promoción interna (OEP/2011)

Bases específicas

1. Técnico/a de administración xeral.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A, subgrupo A1; escala, Administración xeral; subescala, técnica; clase, superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo A1, e as complementarias propias do posto de traballo ao cal resulte adscrita a praza do/a aspirante.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de grao/licenciado/a en dereito ou de calquera das titulacións esixidas no artigo 169.2.a) do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado mediante Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para todas e todos os aspirantes.

Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral, determinado polo órgano de selección inmediatamente antes de realizarse o exercicio e relacionado co programa que se achega á convocatoria, aínda que non se ateña á epígrafe concreto deste; os/as aspirantes terán ampla liberdade en canto a súa forma de exposición se refire.

Neste exercicio avaliarase a formación xeral universitaria, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita, a achegan persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente, ante o órgano de selección, en sesión pública, e concluída a lectura da totalidade dos temas poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, será necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de tres horas a catro temas extraidos ao chou entre os comprendidos no programa anexo á convocatoria, dous da primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral e local, e outros dous da segunda parte: dereito administrativo local e acción administrativa.

Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública; este, concluída a lectura da totalidade dos temas, poderá solicitarlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Desenvolverase por escrito, durante un período máximo de catro horas, e consistirá na redacción dun informe, con proposta de resolución, sobre dous supostos prácticos que proporá o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas administrativas propias das funcións asignadas á subescala.

Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos; non se permitira o manexo de textos comentados nin libros de formularios.

Neste exercicio avaliarase fundamentalmente a capacidade de raciocinio, a sistemática na presentación e formulación de conclusións e o coñecemento e axeitada interpretación da normativa aplicable.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.

Consistirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas da internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico etc.), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos.

Quinto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) co fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título Celga 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos; quedará eliminado o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e quinto exercicio será de 0 a 2 puntos, de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO
Temario

(Non lle son de aplicación os do grupo A, subgrupo A1, incluídos como anexo ás bases xerais).

Programa específico quenda libre.

Primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral.

Tema 1. A Constitución: concepto. Caracteres da Constitución de 1978. Estrutura. A definición do Estado español como social, democrático e de dereito. Os valores superiores do ordenamento xurídico.

Tema 2. Título I da Constitución (I): Dereitos fundamentais e liberdades públicas: contido esencial e principais leis de desenvolvemento. A súa consideración na xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Sistemas de protección xurisdicional.

Tema 3. Título I da Constitución (II). Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios reitores da política social e económica.

Tema 4.A Constitución no sistema de fontes do dereito. Leis orgánicas e ordinarias. Os tratados internacionais. O principio de reserva de lei. Principios informadores das relacións entre o ordenamento estatal, autonómico e local.

Tema 5.A Coroa. As funcións constitucionais do xefe do Estado. O referendo.

Tema 6. O poder lexislativo e a súa regulación. As Cortes Xerais. Control lexislativo da acción do Goberno. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

Tema 7.O poder xudicial e a súa regulación: o Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización dos xulgados e tribunais. O Tribunal Constitucional. O recurso de amparo.

Tema 8.O poder executivo e a súa regulación. Composición e funcións do Goberno da Nación. A súa relación cos outros poderes.

Tema 9.Organización e funcionamento da Administración xeral do Estado. Organización central. Organismos públicos, organismos autónomos. Entidades públicas empresariais.

Tema 10. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas: organización e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 11. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.

Tema 12. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. O Consello de Contas de Galicia.

Tema 13. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 14. A Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 15. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes: o Consello de Ministros, a Comisión e o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.

Tema 16. O ordenamento xurídico comunitario: as súas fontes. Relación co dereito interno dos Estados. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capitais.

Tema 17. Sometemento da Administración á lei e ao dereito. Fontes do dereito público.

Tema 18. A lei. Concepto e caracteres. As leis estatais no sistema español. Normas do Goberno con forza de lei. Os tratados internacionais como normas de dereito interno.

Tema 19. As relacións entre o ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. Definición e aplicación da lexislación de carácter básico e supletorio.

Tema 20. O regulamento: concepto e clases. Procedemento de elaboración. Límites da potestade regulamentaria. Principio de inderrogabilidade singular de regulamentos.

Tema 21. Principios da organización administrativa. Principios reitores das relacións entre as administracións. Os órganos colexiados. A abstención e a recusación.

Tema 22. O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: competencia, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e silencio administrativo.

Tema 23. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio e a declaración de lesividade.

Tema 24. Os recursos administrativos. Reclamacións previas á vía xudicial. A execución dos actos administrativos: motivos da súa suspensión.

Tema 25. O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados: dereitos e obrigas.

Tema 26. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e finalización.

Tema 27. A xurisdición contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento xeral e referencia aos procedementos especiais.

Tema 28. As sentenzas e a súa execución. Recursos contra as sentenzas.

Tema 29. A contratación administrativa. Negocios e contratos excluídos da Lei de contratos das administracións públicas. Diferenzas cos contratos de carácter privado.

Tema 30. Clases de contratos administrativos e o seu réxime xurídico. Contratos administrativos especiais.

Tema 31. Requisitos dos contratos. Capacidade e solvencia. Clasificación e rexistro de contratistas.

Tema 32. O expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Tema 33. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos administrativos.

Tema 34. As garantías no contrato administrativo. Execución do contrato. Risco e ventura. Recepción do obxecto do contrato.

Tema 35. Dereitos e deberes da Administración e dos contratistas. Modificación dos contratos. Revisión de prezos. Interpretación e resolución contractual. A impugnación dos contratos públicos: xurisdición competente.

Tema 36. Aspectos xerais sobre as formas de acción administrativa.

Tema 37. O fomento e os seus medios.

Tema 38. A policía administrativa. O poder de policía e os seus límites. Os medios: licenza, autorización e sanción.

Tema 39. O servizo público. Servizo público e prestacións administrativas. Análise xeral dos modos de xestión dos servizos públicos.

Tema 40. A xestión directa dos servizos públicos. Modos de xestión.

Tema 41. A xestión indirecta dos servizos públicos. Modos de xestión.

Tema 42. A expropiación forzosa: a potestade expropiatoria. Suxeito, obxecto e causa. O procedemento expropiatorio. Expropiacións especiais e garantías xurisdicionais.

Tema 43. O dominio público. Concepto e natureza. Bens que o integran. O réxime xurídico do dominio público. As mutacións demaniais.

Tema 44. Uso e utilización do dominio público. Estudio especial da concesión e da reserva demanial.

Tema 45. A responsabilidade da Administración pública: principios e procedemento. A responsabilidade das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas.

Segunda parte: dereito administrativo local e acción administrativa.

Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 2. Os entes locais de Galicia: natureza e características.

Tema 3. O municipio. Os réximes municipais especiais de Galicia. O territorio. A poboación. O Estatuto do veciño. O empadroamento.

Tema 4. A organización municipal. Distribución de competencias. Referencia ao réxime dos municipios de gran poboación.

Tema 5. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados das corporacións locais.

Tema 6. Competencias municipais e servizos obrigatorios nas corporacións locais. Actividades complementarias doutras administracións públicas.

Tema 7. Impugnación de actos e acordos das entidades locais e exercicio de accións.

Tema 8. A provincia no réxime local: especial consideración das súas competencias en relación cos pequenos municipios na Lei de Administración local de Galicia.

Tema 9. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos.

Tema 10. Transferencia e delegación de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nas entidades locais. A encomenda de xestión.

Tema 11. Relacións entre as administracións públicas galegas: colaboración, cooperación e auxilio. A Comisión Galega de Cooperación Local. A coordinación.

Tema 12. O estatuto dos membros das corporacións locais. Incompatibilidades.

Tema 13. O persoal ao servizo das entidades locais. A función pública local e a súa organización. Normas sobre provisión de postos de traballo.

Tema 14. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.

Tema 15. Réxime disciplinario dos funcionarios de Administración local. Incompatibilidades e responsabilidades.

Tema 16. Delitos contra a Administración pública.

Tema 17. A información e participación cidadá.

Tema 18. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización e inventario municipal de bens.

Tema 19. Medios de intervención das corporacións locais na actividade dos seus cidadáns.

Tema 20. Os servizos públicos locais. Modos de xestión dos servizos públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 21. Os contratos das administracións locais: empresas municipais. Consorcios. Formas de contratación, resolución, rescisión e denuncia.

Tema 22. A lei xeral tributaria: principios e contido.

Tema 23. A lei xeral presupostaria: principios e contido.

Tema 24. As facendas locais. As ordenanzas fiscais.

Tema 25. A función recadadora nas facendas locais.

Tema 26. As contribucións especiais, as taxas e os prezos públicos. A imposición local autónoma.

Tema 27. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 28. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

Tema 29. Os dereitos e garantías dos contribuíntes fronte á facenda pública.

Tema 30. A función inspectora nas corporacións locais.

Tema 31. A lexislación de augas: obxecto e fins. Distribución de competencias.

Tema 32. A lexislación de costas: obxecto e fins. Distribución de competencias.

Tema 33. A lexislación de portos: obxecto e fins. Distribución de competencias.

Tema 34. A lexislación de montes: obxecto e fins. Distribución de competencias. Especial consideración sobre a normativa de montes en man común.

Tema 35. A lexislación de obras públicas: obxecto e fins. Distribución de competencias.

Tema 36. A lexislación de estradas: obxecto e fins. Distribución de competencias.

Tema 37. A lexislación urbanística estatal. A lexislación autonómica: especial referencia á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Tema 38. Réxime de avaliación. Expropiación e venda forzosa. Supostos expropiatorios. Determinación do prezo xusto.

Tema 39. O planeamento urbanístico e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións. Especial referencia ao Plan xeral de ordenación municipal.

Tema 40. Execución dos plans de ordenación. Sistemas. O patrimonio municipal do solo.

Tema 41. A disciplina urbanística e a súa regulación. Intervención da edificación e uso do solo. Concorrencia de competencias con outras administracións.

Tema 42. A lexislación ambiental: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 43. A lexislación sobre patrimonio histórico: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 44. A Administración electrónica. A Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. A calidade dos servizos públicos e de atención cidadá.

Tema 45. A Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais. O Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro. Regulamento dos servizos de prevención.

2. Auxiliar de Administración xeral.

I. Número de prazas: 6.

II. Características.

Enmarcada no grupo C, subgrupo C2; escala, Administración xeral; subescala, auxiliar. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo C2 e as complementarias propias do posto de traballo ao cal resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, para as catro prazas da quenda libre, reservándose unha delas para persoas con discapacidade igual ou superior o 33 %, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondentes aos anos 2010 e 2011, debidamente acreditada nos termos e condicións sinalados nas presentes bases xerais e específicas, e o de concurso-oposición para as dúas prazas de promoción interna entre subalternos/as de Administración xeral que conten cando menos cunha antigüidade de dous anos no corpo, escala ou subescala a que se aspira ingresar, xa sexa funcionario da subescala subalterna ou persoal funcionario ou laboral fixo que desempeñe funcións de persoal funcionario de subalterno e, persoal funcionario e laboral fixo integrado no grupo transitorio E que desempeñe funcións de persoal funcionario de auxiliar administrativo mediante acto administrativo ao efecto. Para estes efectos, computarase como antigüidade para poder participar no procedemento de promoción interna os nomeamentos interinos acreditados unha vez adquirida a condición de funcionario de carreira.

De entre estas dúas prazas que se ofertan pola quenda de promoción interna, unha delas resérvase para persoas con discapacidade igual ou superior o 33 %, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010-2011, debidamente acreditada nos termos e condicións sinalados nas presentes bases xerais e específicas.

A fase de concurso avaliarase de conformidade co previsto na base 12ª das xerais.

IV. Condicións dos/das aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base 4ª das xerais.

V. Exercicios da oposición para promoción interna.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran os programas das bases específicas (dereito administrativo xeral e local), que será elaborado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada. Non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 60 minutos un tema xeral sinalado polo órgano de selección e que garde relación co contido do programa.

Os aspirantes terán ampla liberdade no tocante á forma de exposición avaliándose os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral e a claridade da exposición. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos. É necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba de coñecementos de informática a nivel usuario de contornos operativos windows, linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas da internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico etc.), no tempo que estableza o órgano de selección. Cualificarase a velocidade desenvolvida (en atención ao número de pulsacións), a limpeza e exactitude das tarefas realizadas e a corrección que presenten estas, de conformidade cun baremo obxectivo que estableza o dito órgano antes de iniciarse o exercicio, que deberá comunicarse aos aspirantes no momento de comezar a proba e incluírse na correspondente acta.

A cualificación do exercicio será de cero (0) a dez (10) puntos; queda eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de cinco (5) puntos.

VI. Exercicios da oposición para a quenda libre.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa das bases específicas, que será determinado polo dito órgano inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

O órgano de selección, trala análise, número e nivel de coñecementos dos aspirantes presentados, poderá establecer unha puntuación mínima ou nota de corte para superar este exercicio, puntuación que en ningún caso poderá ser inferior a cinco puntos. O acordo que se adopte ao respecto deberá ser publicado e constará na correspondente acta, os aspirantes deberán ser igualmente informados de tal acordo.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 60 minutos un tema xeral sinalado polo órgano de selección e que garde relación co contido do programa.

Os aspirantes terán ampla liberdade no tocante á forma de exposición. Avaliaranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral e a claridade da exposición. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o órgano de selección, en sesión pública e puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; será necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba de coñecementos de informática a nivel usuario de contornos operativos windows, linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas da internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico etc.), no tempo que estableza o órgano de selección. Cualificarase a velocidade desenvolvida (en atención ao número de pulsacións), a limpeza e exactitude das tarefas realizadas e a corrección que presenten estas, de conformidade cun baremo obxectivo que estableza o dito órgano antes de iniciarse o exercicio, que deberá comunicárselles aos aspirantes no momento de comezar a proba e incluírse na correspondente acta.

A cualificación do exercicio será de cero (0) a dez (10) puntos; queda eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de cinco (5) puntos.

Cuarto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título Celga 3 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lle asignarán 2 puntos.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base 10º das xerais.

VII. Programa específico quenda de promoción interna.

(Exclúese o común para prazas do subgrupo C2, que figura como anexo ás bases xerais).

Primeira parte. Dereito administrativo xeral.

Tema 1. O procedemento administrativo. O deber de resolver e notificar. Execución forzosa dos actos administrativos.

Tema 2. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 3. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Notificacións e publicacións.

Tema 4. A revisión dos actos administrativos. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio. Declaración de lesividade.

Tema 5. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso-administrativo.

Segunda parte.- Dereito administrativo local.

Tema 1. O empregado público local. Dereitos e deberes dos empregados públicos locais.

Tema 2. Réxime disciplinario e incompatibilidades dos empregados públicos: faltas e sancións.

Tema 3. Os órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Votacións. Actas.

Tema 4. O orzamento xeral das entidades locais. Elaboración e aprobación. Referencia ás bases de execución do orzamento. As modificacións de crédito.

Tema 5. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

VIII. Programa específico quenda libre.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión.

Tema 2. A Coroa. O poder lexislativo. A elaboración das leis. Os tratados internacionais.

Tema 3. O poder xudicial. O Tribunal Constitucional. O Goberno.

Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estrutura.

Tema 5. A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administración local. Administración institucional e corporativa.

Tema 6. Principios de actuación da administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Sometemento da administración á lei e ao dereito. Fontes do dereito público.

Tema 7. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Validez dos actos administrativos. Execución dos actos administrativos.

Tema 8. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio e a declaración de lesividade. Os recursos administrativos.

Tema 9. O procedemento administrativo: principios xerais e fases.

Tema 10. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servizo público.

Tema 11. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia á provincia. A súa organización e competencias.

Tema 13. Organización municipal. Competencias.

Tema 14. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.

Tema 15. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

Tema 16. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 17. A función pública local e a súa organización

Tema 18. Dereitos e deberes dos empregados públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario

Tema 19. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.

Tema 20. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións

3. Alguacil.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no subgrupo transitorio E para os efectos de titulación; escala, Administración especial; subescala, servizos especiais; clase; cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden o subgrupo transitorio E e as complementarias propias do posto de traballo ao cal resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese como sistema de selección o de concurso-oposición, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011 e, resérvase pola quenda de promoción interna entre persoal funcionario e laboral fixo integrado no grupo transitorio E que conten, polo menos, cunha antigüidade de dous anos no corpo, escala ou subescala de orixe.

Para estes efectos, computarase como antigüidade para poder participar no procedemento de promoción interna os nomeamentos interinos acreditados unha vez adquirida a condición de funcionario de carreira.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de certificado de escolaridade, certificado de estudos primarios ou equivalente.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base 4ª das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que determine o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 20 preguntas como mínimo, con tres respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases; cuestionario determinado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non puntuarán as non contestadas.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na resolución de dous supostos teórico-prácticos, determinados polo órgano de selección inmediatamente antes da súa realización. O tempo de realización será dunha hora e media. Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos. Será necesario para aprobar ter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

A cualificación destes dous exercicios será de 0 a 10 puntos; quedará eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base 10ª das xerais.

ANEXO
Temario

(Exclúese o temario común para prazas do subgrupo transitorio E, que figura como anexo ás bases xerais).

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Breve referencia ao Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. Breve descrición do termo municipal de Vigo. Localización dos distintos servizos municipais e centros oficiais. Principais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade.

Tema 3. A notificación. Concepto. A súa regulación na Lei de réxime xurídico das administracións públicas. Os suxeitos da notificación. Obxecto, requisitos e prazos para cursar a notificación. Lugar e medios para a práctica da notificación.

Tema 4. O rexeitamento da notificación. A notificación por medio de anuncios. Publicación. A notificación defectuosa. A notificación tácita. A ausencia de notificación

Tema 5. Distribución de documentos, obxectos e correspondencia. Servizos postais. Traslado de cargas.

4. Enxeñeiro/a técnico/a industrial.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A, subgrupo A2; escala, Administración especial; subescala técnica; clase, media. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo A2 e as complementarias propias do posto de traballo ao que resulte adscrita a praza do/a aspirante. Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condición das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título de enxeñeiro/a técnico Industrial ou titulo de grao equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Constará de tres exercicios; dous teóricos e un práctico, ademais dunha proba de coñecemento do idioma galego e unha proba de coñecementos de informática.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 50 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o temario común para as prazas incluídas no subgrupo A2 de titulación anexo ás bases xerais da convocatoria e ás do temario específico anexo a estas bases, que será elaborado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio, para todas e todos os aspirantes.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, 4 temas elixidos ao chou, dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ao primeiro punto dos temas «A) Temas xerais» e o resto á alíneao «B) Temas específicos».

Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, sendo necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de tres horas, dous supostos teórico-prácticos que formulará o órgano de selección, inmediatamente antes do comezo do exercicio, relacionados co contido do temario específico, relativos ás tarefas propias da praza. Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios. Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o cal poderá, ao final da exposición, solicitarlle ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido. Neste exercicio avaliarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.

Consistirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windows, linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas da internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico etc.), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos.

Quinto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título Celga 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos e quedará eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e do quinto será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base 10ª das xerais.

VI. Anexo. Temario.

A) Temario xeral.

(Os doce primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o subgrupo A2).

B) Temario específico.

Tema 1. A Lei de prevención de riscos laborais. Ámbito de aplicación. Dereitos e obrigas dos servizos de prevención. Responsabilidades e sancións.

Tema 2. Accesibilidade e supresión de barreras arquitectónicas. Lei 8/1997, do 20 agosto, e o seu regulamento.

Tema 3. A contaminación acústica: o ruído. Medida do ruído. Fontes do ruído. Protección contra o ruído do tráfico. Ordenanzas e criterios para a protección contra o ruído.

Tema 4. A contaminación atmosférica. Consideracións xerais e a súa incidencia sobre as licenzas. As licenzas de actividade.

Tema 5. Glorietas: concepto e clases de interseccións xiratorias. Utilidade das glorietas. Criterios xerais para a implantación de glorietas. Recomendacións xeométricas. Funcionamento dunha glorieta. Capacidade. Factores que inflúen na seguridade da circulación. Características do trazado.

Tema 6. A utilización de videocámaras e outros sistemas de captación de imaxes de tráfico no marco da Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto e Real decreto 596/1999, do 16 de abril.

Tema 7. O transporte colectivo de viaxeiros. O transporte escolar ou de menores: a súa regulación. O transporte de persoas. Localización e acondicionamento: cinto de seguridade, casco, elementos de seguridade para nenos e outros elementos de protección.

Tema 8. Marcas viarias. Obxecto. Características físicas. Cor. Reflectancia. Materiais. Tipos de marcas viais: lonxitudinais, transversais, frechas, inscricións e outras marcas.

Tema 9. Regulación semafórica. Obxecto. Tipos de semáforos: reservados para peóns, circulares para vehículos, cadrados ou de carril, reservados a determinados vehículos. Regulación dun cruzamento semafórico. Descrición física dos elementos, localización na vía, concepto de fase, ciclo e despexamento. Efectos dos semáforos no tráfico. Criterios para a súa instalación.

Tema 10. Normas sobre protección contra incendios nos edificios, sectorización e evacuación.

Tema 11. A sinalización variable. Concepto. Tipos de sinais variables. A eficacia da sinalización variable. Aspectos relativos ao panel de mensaxe variable. Aspectos relativos á localización. Aspectos relativos á información subministrada. Calidade da información. Estudos previos.

Tema 12. Sinalización dinámica. Tipoloxía. Vantaxes e inconvenientes. Sinais de fibra óptica. Configuración. Paneis «led’s» gráficos e alfanuméricos. Configuración.

Tema 13. Intensidade de tráfico. Definición. Velocidade. Definicións. Velocidade de percentil 85. Tempos de percorrido e demoras. Densidade do tráfico. Relacións entre a intensidade, a velocidade e a densidade.

Tema 14. A protección contra incendios. Regulamento de instalacións de protección.

Tema 15. A protección do medio natural. Lexislación comunitaria, estatal e autonómica. Aspectos xerais.

Tema 16. Espazos naturais protexidos. Lexislación estatal e autonómica. Categorías dos espazos naturais protexidos. Usos permitidos e prohibidos.

Tema 17. Aparcadoiro selectivo para minusválidos. Sistemas acústicos para cegos. Autorizacións especiais para discapacitados.

Tema 18. Sinalización de obras. Principios xerais. Ordenación da circulación en presenza de obras fixas. Limitación da velocidade, peche de carrís á circulación e desviación a carrís provisionais. Elementos de sinalización, balizamento de defensa. Balizamento.

Tema 19. Parámetros fundamentais do tráfico. Características do fluxo de tráfico, variación, distribución e composición. Intensidade de tráfico. Definición. Velocidade. Definicións de velocidade de percentil 85. Tempo de percorrido e demoras. Densidade de tráfico. Relacións entre a intensidade, a velocidade e a densidade.

Tema 20. Condicións xerais na política xeral de estacionamento. Tipos de estacionamento. Sistemas de control do estacionamento na vía pública.

Tema 21. Transporte colectivo na circulación. Efectos dos autobuses na circulación. Paradas de autobuses. Criterios para situar as paradas. Carrís reservados aos autobuses.

Tema 22. Ordenanza municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas.

Tema 23. O vehículo como elemento da seguridade viaria. A seguridade activa dos vehículos. Elementos de seguridade activa. A seguridade pasiva dos vehículos. Elementos de seguridade pasiva.

Tema 24. Concepto amplo de educación e seguridade viaria. Obxectivos. Elementos concorrentes na seguridade viaria: a persoa, o vehículo e a vía.

Tema 25. Efecto dos semáforos no tráfico. Criterios para a súa instalación. Interseccións controladas por semáforos. Cruzamentos semiactuados. Cruzamentos totalmente actuados. Sincronización entre cruzamentos. Capacidade das interseccións por semáforos.

Tema 26. A rede de postes SOS en España. Control de mapas. Carrís a contracorrente en función da demanda. Carrís para vehículos de alta ocupación. Carrís reservados. Itinerarios alternativos.

Tema 27. Sistemas de xestión de tráfico. Obxectivos e subsistemas que o integran. Os centros de xestión de tráfico, os seus obxectivos e estrutura. Tratamento integrado da xestión do tráfico e da información.

Tema 28. Enlaces: xeneralidades. Xustificación do enlace. Nomenclatura e definicións. Tipos de enlaces. Capacidade. Niveis de servizo. Tramos de trenzado. Ramais de enlace.

Tema 29. A xestión do tráfico no futuro. Necesidade e perspectivas de evolución. A utilización de sistemas de telecomunicacións e de aplicacións telemáticas ao transporte. Sistemas de seguridade viaria e xestión do tráfico en estrada e nos vehículos. Localización e identificación de vehículos. Xestión de frotas e equipamento embarcado.

Tema 30. Parámetros fundamentais do tráfico. Relacións entre eles. Características do fluxo do tráfico, variación, distribución e composición.

Tema 31. Fontes de enerxía fósil. Fontes de enerxía renovables: eólica, solar, xeotérmica, hidráulica, biomasa e orixe mariña (maremotriz e convertedores GEOs). Tecnoloxías de almacenamento de enerxía eléctrica.

Tema 32. A enerxía solar e os procesos de conversión en enerxía útil. A célula fotovoltaica, tipos e rendementos. Compoñentes dunha instalación solar fotovoltaica: paneis, acumuladores, reguladores, convertedores, outros.

Tema 33. Ergonomía e deseño. Deseño e selección de ferramentas manuais. Seguridade en máquinas, técnicas. Aplicación da ergonomía á seguridade. Normas de seguridade en aparellos a presión. Seguridade e hixiene das áreas de xogos infantís nos contornos urbanos.

Tema 34. Estudio do tráfico. Aforos do tráfico. Obxectivo. Procedemento de aforos. Plans de aforo na rede viaria. Seleccións de estacións. Programación de aforos. Elaboración e presentación de resultados.

Tema 35. Normas xerais de circulación. Principios xerais. O sentido da circulación. Posición na calzada. Utilización de carrís en poboación e fóra de poboación.

Tema 36. A sinalización vertical: definicións. Principios básicos. Prioridade entre sinais. Características dos elementos de sinalización vertical, sinalización das clases de estradas.

Tema 37. Evolución española dos combustibles gasosos. Combustibles gasosos para automoción: GNC e GLP, vantaxes e desvantaxes; características dos motores. Combustibles alternativos: DME, FAME, Bioetanol etc.

Tema 38. Os residuos sólidos urbanos, orixe e caracterización. A xestión dos RSU, tecnoloxías para a recollida e transporte de residuos, plantas e peiraos de transferencia. Recollida selectiva de residuos: produtos e métodos, prerrecollida. Residuos industriais. Residuos hospitalarios.

Tema 39. Normas sobre aparellos de transporte vertical.

Tema 40. Organización e funcionamento dun parque central de servizos municipais.

Tema 41. O hidróxeno como combustible de futuro: xeración, almacenamento e transporte. A pila de combustible (FC): principio de funcionamento, tipos e aplicacións. Funcionamento de FC aplicadas na automoción, sistemas complementarios. Particularidades no manexo do combustible en autobuses de hidróxeno.

Tema 42. Aspectos técnicos da seguridade e saúde no traballo. Distintas técnicas para actuar en función da fase do accidente. Ergonomía, definición e áreas de estudo. Principios e conceptos fundamentais en ergonomía. Produtos ergonómicos.

Tema 43. A auga para consumo humano: fontes e avaliación da calidade. Contaminantes orgánicos da auga doce. Tratamento da auga potable: procedementos xerais e específicos de eliminación de Fe e Mn. Procedementos para desalgar auga do mar.

Tema 44. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servizos na vía pública: principios e normas xerais, licenzas, sinalización e balizamento das ocupacións na vía pública, inspección municipal. Protección de elementos vexetais nos traballos de construción. Protección na zona radical.

Tema 45. Equipamentos, medios e axentes de extinción de incendios. Vehículos tipo contra incendios. Descrición e tipos de sistemas de detección e alarma contra incendios. Comportamento das estruturas ante os incendios: pedra, madeira, formigón e ferro. Criterios técnicos na evacuación por emerxencia.

Tema 46. Protección das instalacións en B.T. Protección contra contactos accidentais. Instalacións eléctricas en locais de pública concorrencia, prescricións técnicas.

Tema 47. Medidas da velocidade. Obxectivos. Procedementos da medida das velocidades instantáneas. Medidas de tempo, de percorrido e demoras. Cinemómetros. Tipos. Control metrolóxico dos instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos a motor.

Tema 48. A velocidade e a súa normativa. Límites de velocidade. Infraccións ás normas de velocidade. Distancia de seguridade.

5. Diplomado/a en traballo social.

I. Número de prazas: 7.

II. Características.

Enmarcada no grupo A, subgrupo A2; escala, Administración especial; subescala técnica; clase, media. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo A2, e as complementarias propias do posto de traballo ao que resulte adscrita a praza do/a aspirante. Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condición dos e das aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado/a en Traballo Social ou título de grao equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Constará de tres exercicios; dous teóricos e un práctico, ademais dunha proba de coñecemento do idioma galego e unha proba de coñecementos de informática.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 50 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o temario común para as prazas incluídas no subgrupo A2 de titulación anexo as bases xerais da convocatoria e as do temario específico anexo a estas bases, que será elaborado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio, para todas e todos os aspirantes.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, 4 temas elixidos ao chou, dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ao primeiro punto dos temas «A) Temas xerais» e o resto ao apartado «B) Temas específicos».

Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de tres horas, dous supostos teórico-prácticos que formulará o órgano de selección, inmediatamente antes do comezo do exercicio, relacionados co contido do temario específico, relativos as tarefas propias da praza. Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais de que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios. Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o cal poderá, ao final da exposición, solicitarlle ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido. Neste exercicio avaliarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.

Consistirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windows, linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas da internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico etc.), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos.

Quinto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo, non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título Celga 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos; queda eliminado/a o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e quinto exercicio será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base 10ª das xerais.

VI. Anexo. Temario.

A) Temario xeral.

(Os doce primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o subgrupo A2).

B) Temario específico.

Tema 1. Historia e evolución do sistema de protección social en España.

Tema 2. O sistema público dos servizos sociais no marco dunha política de benestar social.

Tema 3. A política social na Unión Europea: marco legal. Carta social europea. Os plans nacionais de inclusión. As políticas europeas para a inclusión social activa.

Tema 4. Marco legal dos servizos sociais. A Constitución española, o Estatuto de autonomía, a Lei de bases de réxime local.

Tema 5. Lei de servizos sociais de Galicia: estrutura e contido.

Tema 6. Os servizos sociais comunitarios: estrutura e contidos. Os servizos sociais comunitarios básicos e específicos: funcións e programas.

Tema 7. Os servizos sociais especializados. Definición, principios, obxectivos e competencias.

Tema 8. O traballo social como disciplina: concepto e desenvolvemento. O traballo social no conxunto das ciencias sociais.

Tema 9. Fundamentos, principios e funcións básicas do traballo social. Código deontolóxico dos traballadores sociais.

Tema 10. Metodoloxía do traballo social. Modelos máis usados no traballo social. Modelo sistémico.

Tema 11. A planificación e programación nos servizos sociais, técnicas aplicadas ao traballo social.

Tema 12. A avaliación dos programas e proxectos sociais no marco da atención social primaria. Técnicas e indicadores que se deben ter en conta.

Tema 13. Os sistemas de información ao servizo da atención social. Novas tecnoloxías da información aplicadas ao traballo social. Protección de datos nos servizos sociais.

Tema 14. Técnicas e instrumentos empregados no traballo social.

Tema 15. As necesidades sociais: concepto, características e tipoloxía.

Tema 16. A Seguridade Social en España. Evolución e prestacións actuais.

Tema 17. Incapacidade temporal e incapacidade permanente: concepto, graos, requisitos, duración e contía da prestación económica.

Tema 18. O emprego como factor social de inclusión. Desemprego. Prestacións. Emprego social protexido.

Tema 19. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade entre homes e mulleres. Estrutura e contido. Contexto europeo neste eido.

Tema 20. A Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Tema 21. Regulación do procedemento para o recoñecemento da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema de dependencia e procedemento de elaboración do PIA da Comunidade Autónoma galega.

Tema 22. As persoas maiores. Aspectos físicos, psicolóxicos e sociais do avellentamento. Novos roles da persoa maior na nosa sociedade. Programas, actuacións e recursos no concello de Vigo.

Tema 23. O servizo de axuda no fogar. Normativa, coordinación e funcionamento a nivel autonómico e local. Regulamento do servizo de axuda no fogar do Concello de Vigo.

Tema 24. Evolución do marco normativo en materia de infancia. Da Declaración de dereitos humanos ata hoxe.

Tema 25. A familia e os menores: cambios na sociedade neste ámbito. Aspectos psicosociais da infancia. Menores en conflito social. Intervencións en situacións de desprotección infantil.

Tema 26. Programas e servizos para os menores e as familias a nivel autonómico e local.

Tema 27. Adolescencia e xuventude, aspectos psicolóxicos e sociais. Actuación do traballador social.

Tema 28. Normativa estatal, autonómica e local verbo da muller. Protocolo de actuación en situacións de violencia de xénero.

Tema 29. Mulleres en situación de dificultade social. Programas, servizos e recursos no ámbito autonómico e local.

Tema 30. Minorías étnicas e integración. Aspectos sociodemográficos e culturais. Situación no concello de Vigo.

Tema 31. Adiccións. Conceptos básicos. Clasificación. Lexislación e marco institucional. Estratexia nacional sobre drogas 2009-2016.

Tema 32. Plan de trastornos adictivos de Galicia. Plan local de drogodependencias e outras adiccións de Vigo.

Tema 33. Discapacidade: conceptos básicos. Aspectos físicos, psíquicos e sociais e legais. Intervención social con persoas con discapacidade.

Tema 34. A saúde mental: aspectos sociais e legais que se deben ter en conta na intervención social con persoas con problemas de saúde mental.

Tema 35. Procesos sobre a capacidade das persoas, medidas preventivas e ingresos involuntarios

Tema 36. Poboación inmigrante: aspectos sociodemográficos dos movementos migratorios. Marco xurídico e distribución competencial interadministrativa. Plan das migracións e convivencia intercultural de Vigo: principios xerais e estratéxicos, obxectivos e liñas de actuación. Servizos e recursos específicos do Concello de Vigo.

Tema 37. Análise sociodemográfico de Vigo. A nova sociedade intercultural. Implicacións para os servizos sociais e o traballo social.

Tema 38. Renda de integración social de Galicia.

Tema 39. Pobreza, desigualdade e exclusión social. Factores físicos, psicolóxicos e sociais. Programas de intervención social. Itinerarios de incorporación socio laboral. Empresas de inserción.

Tema 40. Intervención con persoas sen fogar: definición, principais características do transeuntismo. Factores físicos, psicolóxicos e sociais. Programas de intervención social. Recursos específicos no concello de Vigo.

Tema 41. Traballo social comunitario. Definición de comunidade, e variables que se deben ter en conta para coñecela. Concepto de TSC e obxectivos. Traballo con redes comunitarias. Aplicación aos servizos sociais comunitarios.

Tema 42. Modelos de desenvolvemento dunha comunidade. Fases de cada un deles e elementos diferenciadores. Técnicas grupais utilizadas no TSC.

Tema 43. Traballo social de grupo: definición, obxectivos e finalidades do grupo. Criterios organizativos para os grupos. Procesos e fenómenos do grupo. Función do/a traballador/a social no grupo.

Tema 44. A entrevista individual/familiar aplicada ao traballo social. A entrevista no contexto da atención social primaria e a atención social especializada.

Tema 45. A historia social como soporte documental na intervención social individual e familiar do/a traballador/a social. Estrutura e contidos fundamentais.

Tema 46. O informe social como instrumento técnico do/a traballador/a social. Concepto, estrutura e contidos fundamentais.

Tema 47. O equipo interdisciplinar. Técnicas de traballo en equipo. Técnicas de preparación e desenvolvemento de reunións. Aplicación aos servizos sociais de atención primaria.

Tema 48. O voluntariado social. Aspectos legais. Estatuto xurídico do voluntariado. O seu papel nos servizos sociais.

6. Técnico/a medio/a igualdade.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A, subgrupo A2; escala, Administración especial; subescala servizos especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo A2, e as complementarias propias do posto de traballo ao que resulte adscrita a praza do aspirante. Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condición das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de grao en calquera das titulacións das ramas de coñecemento de Ciencias Sociais, Xurídicas, Arte e Humanidades, Diplomado/a en Relacións Laborais, Xestión e Administración Pública, Traballo Social, Filosofía, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Comunicación Aodiovisual, Belas Artes, Antropoloxía Social e Cultural, Pedagoxía Psicopedagoxía e, Educación Social, xunto coas respectivas equivalencias.

V. Exercicios da oposición.

Constará de tres exercicios; dous teóricos e un práctico, ademais dunha proba de coñecemento do idioma galego e unha proba de coñecementos de informática.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 50 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o temario común para as prazas incluídas no subgrupo A2 de titulación anexo ás bases xerais da convocatoria e a do temario específico anexo a estas bases, que será elaborado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio, para todas e todos os aspirantes.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, a 4 temas elixidos ao chou, dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ao primeiro apartado do temas «A) Temas xerais» e o resto ao apartado «B) Temas específicos».

Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de tres horas, dous supostos teórico-prácticos que formulará o órgano de selección, inmediatamente antes do comezo do exercicio, relacionados co contido do temario específico, relativos ás tarefas propias da praza. Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais de que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios. Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido. Neste exercicio avaliarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.

Consistirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windows, linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico etc.), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos.

Quinto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo, non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título Celga 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos; queda eliminado/a o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e quinto exercicio será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base 10ª das xerais.

VI. Anexo. Temario.

A) Temario xeral.

(Os doce primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o subgrupo A2).

A) Temario específico.

Tema 1. A construción do sistema sexo-xénero e a súa incidencia na construción da identidade persoal e a organización social.

Tema 2. Ámbito reprodutivo e produtivo. O traballo doméstico e a súa contribución ao sostemento económico e social.

Tema 3. O principio de igualdade e o dereito fundamental a non sufrir discriminación por razón de sexo. Discriminación directa e indirecta. A acción positiva e o mainstreaming de xénero.

Tema 4. Instrumentos internacionais de recoñecemento dos dereitos humanos das mulleres. conferencias mundiais sobre as mulleres. Plataforma de acción.

Tema 5. Estratexia europea para a igualdade entre mulleres e homes 2010-2015.

Tema 6. A acción positiva en materia de xénero: orixe, normativa, lexitimidade e legalidade.

Tema 7. A Lei 7/2004 do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

Tema 8. A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Fundamentación, estrutura e principais contidos.

Tema 9. A Lei 2/2007, do 28 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

Tema 10. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Tema 11. A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: estrutura e contidos.

Tema 12. Decreto 157/2012, do 5 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero no relativo aos órganos consultivos e de participación.

Tema 13. Políticas públicas de Igualdade de xénero. Programas de acción comunitarios e fondos europeos. O papel das diferentes administracións.

Tema 14. Políticas públicas de Igualdade de xénero. Competencias da Administración local.

Tema 15. Implantación e desenvolvemento da Transversalidade de xénero na Administración local. A acción positiva como estratexia.

Tema 16. Os plans de igualdade no ámbito municipal. Marco normativo. Concepto. Fases para a súa elaboración. IV Plan de igualdade do Concello de Vigo.

Tema 17. Instituto da Muller. Orixe e evolución. Estrutura organizativa. Funcións.

Tema 18. A Unidade de Muller e Ciencia de Galicia. Obxectivos. Funcións. Actuacións .

Tema 19. Uso non sexista da imaxe e a linguaxe. Estratexias para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.

Tema 20. Muller e cultura. A visibilización das mulleres na creación e difusión cultural. Realidade e estratexias de intervención.

Tema 21. A recuperación e a visibilización das achegas das mulleres. Os fondos documentais de xénero.

Tema 22. Xénero e Educación. Estratexias para implementar a cultura de igualdade no ensino. Programas e boas prácticas no eido da coeducación. A educación na promoción da igualdade de homes e mulleres e na prevención da violencia de xénero.

Tema 23. Muller e medios de comunicación. O sexismo nos medios de comunicación e na publicidade. Medidas correctoras e boas prácticas.

Tema 24. Muller e saúde. Necesidades e demandas específicas. Hábitos de vida saudable desde a perspectiva de xénero.

Tema 25. Muller e deporte. Práctica deportiva das mulleres. Necesidades e demandas específicas. Integración da perspectiva de xénero nas políticas de cultura, deporte e ocio.

Tema 26. A conciliación da vida persoal, familiar e profesional. Normativa vixente. A negociación colectiva. A corresponsabilidade. Medidas de conciliación nos distintos ámbitos (laboral, social etc.).

Tema 27. As desigualdades de xénero na distribución social do tempo. As políticas de tempo. Bancos do tempo

Tema 28. Feminismo: orixes, etapas e influencia exercida no cambio social.

Tema 29. A participación social e política das mulleres. O empoderamento. O asociacionismo feminino. Consello Municipal da Muller.

Tema 30. Análise do funcionamento do mercado laboral desde a perspectiva de xénero. A división sexual do traballo. Tipos de discriminación. A segregación no mercado laboral.

Tema 31. A promoción da igualdade nas empresas. Os plans de igualdade. A negociación colectiva como instrumento para a igualdade de homes e mulleres.

Tema 32. O papel do Concello de Vigo e a comunidade autónoma en materia de promoción do emprego e da formación. Políticas de emprego e incorporación social das mulleres.

Tema 33. Evolución das políticas de igualdade en Galicia. Do Estatuto de autonomía á Secretaría Xeral de Igualdade.

Tema 34. Claves da Intervención social desde a perspectiva de xénero. O xénero como categoría de análise. A intervención desde unha perspectiva de xénero.

Tema 35. A avaliación de proxectos desde a perspectiva de xénero. Obxectivos. Tipo de avaliación. Criterios. Metodoloxía.

Tema 36. A avaliación do impacto de xénero. Marco normativo. Elaboración do informe de impacto de xénero.

Tema 37. Os indicadores. Concepto. Tipoloxía. Indicadores de xénero. O uso de indicadores de xénero. Proceso de construción de indicadores de xénero.

Tema 38. Os Observatorios de xénero e Igualdade. Competencias. Funcións.

Tema 39. Estratexias e metodoloxía para a promoción da participación social na implementación das políticas públicas a prol da Igualdade. Os procesos participativos.

Tema 40. A situación das mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social. Detección, intervención, programas e coordinación.

Tema 41. Mulleres de orixe estranxeira. Características específicas da súa situación actual, principais problemáticas e formas de abordalas.

Tema 42. A discriminación de xénero. O caso específico das mulleres con discapacidade.

Tema 43. A prostitución e a exclusión social. Marcos teóricos. Marco legal no Estado Español.

Tema 44. A violencia contra as mulleres: orixe, concepto, tipoloxía e consecuencias. O ciclo da violencia.

Tema 45. Recursos e servizos municipais de atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas delas dependentes no concello de Vigo.

Tema 46. O axente de igualdade de oportunidades no ámbito municipal. A intervención da/o axente de igualdade no eido da concienciación cidadá a prol da igualdade real entre mulleres e homes.

Tema 47. A/O axente de igualdade e o traballo en equipo. A resolución de problemas e toma de decisións. A mellora da eficacia do traballo en equipo.

Tema 48. Novas tecnoloxías da información aplicadas ao traballo da/o axente de igualdade. A Protección de datos.

7. Inspector/a principal da policía local.

I. Número de prazas: 2.

II. Características.

Enmarcadas no grupo A; subgrupo A2; escala executiva de administración especial; subescala, servizos especiais; clase, policía local; categoría, inspector principal. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A, subgrupo A2 e as complementarias propias do posto de traballo de inspector da policía local.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o sistema de selección de concurso-oposición pola quenda de promoción interna das dúas prazas, por exixilo así a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais de Galicia.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, establécense as seguintes:

1. Para poder tomar parte no proceso selectivo de acceso, as e os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Ser funcionario/a de carreira do corpo da policía local do Concello de Vigo cun mínimo de tres anos continuados de servizo activo na categoría inmediata inferior (inspector), computándose tamén neste caso o tempo de segunda actividade por causa de embarazo e lactación. Este requisito será comprobado pola Administración municipal de oficio.

Posuír a titulación académica exixida para a categoría a que opta (grao, diplomado universitario ou equivalente). Para a acreditación de tal requisito o/a aspirante deberá achegar o título oficial ou copia autenticada deste, e, no seu defecto, xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo. No caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá achegarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia en que se faga constar a súa equivalencia coa exixida para o acceso.

Non ter sido sancionado/a por falta grave ou moi grave, ou telas canceladas. Este requisito será comprobado pola Administración municipal de oficio.

Faltarlle máis dun ano para o pase á situación de segunda actividade por razón de idade.

Presentación do xustificante de aboamento dos dereitos de exame.

Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidas, que o/a aspirante presentará en forma de declaración xurada.

2. Todos estes requisitos deberán acreditalos na data en que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria correspondente.

V. Presentación de documentación para a fase de concurso.

Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación procedente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel en que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración senón fose achegada antes da data de realización da sesión de valoración do concurso polo órgano de selección.

O órgano de selección poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustificar os méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos só alegados e sen xustificación nos termos establecidos nos dous parágrafos anteriores.

VI. Órgano de selección.

A súa composición e funcionamento rexerase de acordo ao establecido na base 8ª das xerais.

VII. Baremo para o concurso de méritos.

O procedemento da fase de concurso consiste na comprobación, avaliación e cualificación dos méritos alegados e xustificados, se é o caso, polos aspirantes, de acordo co baremo que se determina a continuación:

1. Titulacións académicas. As titulacións que se baremarán serán as seguintes:

Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente: 3,00 puntos.

Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 2,00 puntos.

A puntuación máxima deste epígrafe 1 é de 4 puntos.

Non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría a que se aspira, e si as adicionais no caso de que se posúa máis dunha.

Tampouco se terán en conta, para os efectos de valoración, as titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e validez en todo o territorio estatal, deberá achegar o/a aspirante a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición en que esta se estableza e, se é o caso, o BOE en que se publica.

Só se valorarán os títulos antes citados, non os cursos realizados para a súa obtención.

2. Antigüidade. Para os efectos de valoración da antigüidade só serán tidos en conta os servizos prestados como funcionario/a de carreira.

– Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados nos corpos de policía local: 0,20 puntos.

– Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados noutros corpos e forzas de seguridade: 0,10 puntos.

– Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados noutros corpos das administracións públicas: 0,05 puntos.

A puntuación máxima deste epígrafe 2, é de 4 puntos.

3. Formación e docencia.

Formación profesional continua:

Os cursos de formación profesional ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, serán valorados de acordo co seguinte baremo:

Cada hora presencial en actividades con exame de aproveitamento: 0,025 puntos.

Cada hora a distancia en actividades con exame de aproveitamento: 0,020 puntos.

Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

Cada hora en actividades formativas de asistencia en formación en liña: 0,010 puntos.

Os cursos de manifesto interese policial homologados pola Academia Galega de Seguridade Pública, superados nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

Ata 20 horas lectivas: só asistencia 0,20 puntos; aproveitamento 0,30 puntos.

Entre 21 e 40 horas lectivas: só asistencia 0,35 puntos; aproveitamento 0,50 puntos.

Entre 41 e 70 horas lectivas: só asistencia 0,45 puntos; aproveitamento 0,65 puntos.

Entre 71 e 100 horas lectivas: só asistencia 0,50 puntos; aproveitamento 0,75 puntos.

Entre 101 e 200 horas lectivas: só asistencia 0,75 puntos; aproveitamento 1,00 puntos.

Máis de 200 horas lectivas: só asistencia 1,00 puntos; aproveitamento 1,30 puntos.

Non se terán en conta, para os efectos de valoración: os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguridade; os cursos repetidos, salvo que transcorrese un período superior a cinco anos desde a finalización do primeiro curso e os cursos necesarios para a obtención das titulacións académicas valoradas no número 1 desta mesma base, nin a superación de materias deles.

Docencia:

A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións ou outras entidades públicas, dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguridade, valoraranse por hora impartida a razón de:

Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,020 puntos.

Cada hora en actividades de formación en liña: 0,015 puntos.

A participación como profesor/a en cursos ou outras actividades formativas de manifesto interese policial dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguridade, desenvolvidos nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, valoraranse por hora impartida a razón de:

Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

Cada hora en actividades de formación en liña: 0,010 puntos.

O mesmo curso impartido en máis dunha ocasión só computará unha vez, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a súa impartición.

Os méritos deste epígrafe (3. Formación e docencia) deberán acreditarse dentro do prazo establecido nas presentes bases, mediante a presentación dos diplomas ou certificados correspondentes, que expresarán claramente os contidos xerais e as horas de formación ou docencia, se é o caso.

A puntuación máxima desta epígrafe 3, é de 8 puntos.

4. Distincións e recompensas oficiais.

Placa individual ao mérito da policía local: 2,00 puntos.

Placa colectiva ao mérito da policía local: 1,5 puntos.

Medalla ao mérito da policía local: 1,00 punto.

Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos: 0,75 puntos.

Distincións do órgano colexiado competente do concello: 0,25 puntos.

A puntuación máxima desta epígrafe 4 é de 2 puntos.

5. Idiomas.

O coñecemento doutro idioma distinto do español e do galego, acreditado por certificado de escola oficial de idiomas, valorarase a razón de:

Ciclos:

Certificado de superación do ciclo elemental: 1,00 puntos.

Certificado de superación do ciclo superior: 2,00 puntos.

Niveis:

Certificado superación nivel básico: 0,65 puntos.

Certificado superación nivel intermedio: 1,30 puntos.

Certificado superación nivel avanzado: 2,00 puntos.

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten.

A puntuación máxima desta epígrafe 5 é de 4 puntos.

6. Lingua galega.

Celga 1: 0,25.

Celga 2: 0,50.

Celga 3: 0,75.

Celga 4: 1,00.

Anterior curso de iniciación: 0,75.

Anterior curso de perfeccionamento: 1,00.

Linguaxe administrativa nivel medio: 1,50.

Linguaxe administrativa nivel superior: 2,00.

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten.

A puntuación máxima desta epígrafe 6 é de 2 puntos.

A puntuación de cada aspirante na fase de concurso será a suma das puntuacións obtidas en cada epígrafe.

Descrición dos méritos para a fase de concurso

Apartados

Descrición dos méritos que se van avaliar

Avaliación parcial (en puntos)

Avaliación máxima por epígrafe

A.1

Titulacións académicas oficiais

–Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente

3,00

4,00 puntos

–Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente

2,00

A.2

Antigüidade como funcionario de carreira

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, nos corpos de policía local

0,20

4,00 puntos

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de seguridade

0,10

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de calquera Administración pública

0,05

A.3

Formación profesional e docencia

Como alumno da Agasp ou en actividades conveniadas

AS
(Ver A.3.1)

AP
(Ver A.3.1)

8,00 puntos

– Cada hora en actividades de tipo presencial

0,015

0,025

– Cada hora en actividades de formación en liña

0,010

0,020

– Como alumno noutras actividades alleas á Agasp

 

 

– Cursos ou actividades hasta 20 horas

0,20

0,30

– Cursos ou actividades entre 21 e 40 horas

0,35

0,50

– Cursos ou actividades entre 41 e 70 horas

0,45

0,65

– Cursos ou actividades entre 71 e 100 horas

0,50

0,75

– Cursos ou actividades entre 101 e 200 horas

0,75

1,00

– Cursos ou actividades de mais de 200 horas

1,00

1,30

– Como profesor da Agasp ou en actividades conveniadas

 

 

– Cada hora en actividades de tipo presencial

0,020

– Cada hora en actividades de formación en liña

0,015

– Como profesor noutras actividades alleas á Agasp

 

 

– Cada hora en actividades de tipo presencial

0,015

– Cada hora en actividades de formación en liña

0,010

A.4

Distincións e
recompensas
oficiais

– Placa individual ao mérito da policía local

2,00

2,00 puntos

– Placa colectiva ao mérito da policía local

1,50

– Medalla ao mérito da policía local

1,00

– Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos

0,75

– Distincións do órgano colexiado competente do concello

0,25

A.5
Idiomas

– Coñecemento de idiomas, distintos do español e do galego, acreditados por certificado de EOI

(Ver texto número A.5)

4,00 puntos

A.6
Lingua galega

Coñecemento da lingua galega, segundo acreditación

(Ver texto número A.6)

2,00 puntos

 

Puntuación máxima total

 

24,00 puntos

VIII. Desenvolvemento do proceso.

No concurso-oposición, a valoración total dos méritos será obxecto de limitación, cun máximo de puntos preestablecido. Tendo en conta que á fase de concurso lle corresponderá unha porcentaxe máxima do 40 % da puntuación máxima total, incluída a da oposición, para ponderar equitativamente os méritos tomarase como referencia este máximo de puntos que os aspirantes poderían acadar, ao cal se lle outorgarán os catro puntos. Proporcionalmente se lle asignará a puntuación a cada aspirante, coa aplicación dunha regra de tres simple e cun máximo de tres decimais sen redondeo.

O procedemento de oposición, que será posterior ao concurso, limitarase, para os efectos de promoción interna, a dúas probas de coñecementos referidas ao temario para o acceso a cada categoría.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio.

Consisitirá en contestar por escrito, no tempo máximo de dúas horas, dous temas elixidos ao chou, dos que figuran como anexo a estas bases sobre o total dos seus contidos.

Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo dunha hora a resolución dun caso teórico-práctico relacionado co temario.

Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais das que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios. Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o poderá, ao final da exposición, solicitarlle ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido. Neste exercicio avaliarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.

A puntuación final de cada aspirante será a media aritmética das cualificacións de ambas as dúas probas, que se avaliarán de cero a dez puntos cada unha delas; será necesario acadar en cada unha un mínimo de 5 puntos para superar a oposición.

Para ponderar esta puntuación en relación ao 60 % da nota final que corresponde á fase de oposición, aplicarase a regra de tres simple, tendo en conta que á nota máxima que se podería acadar na oposición, que sería un dez, se lle outorgarían seis puntos para a nota ponderada coa fase de concurso, de xeito que ambas as puntuacións ponderadas, a do concurso e a da oposición, sumarían como máximo dez puntos, correspondendo nesa puntuación unha porcentaxe máxima do 40 % ao concurso e do 60 % a da oposición, como se di no primeiro parágrafo desta mesma base.

Os e as aspirantes que resulten aprobados, deberán superar un curso de capacitación para a nova categoría na Academia Galega de Seguridade Pública, que será obrigatorio e necesario para poder tomar posesión como funcionarios/as de carreira no novo posto ao cal accedan.

ANEXO
Temario específico

(Exclúense os temas para prazas do subgrupo A2, que figuran como anexo ás bases xerais)

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Constitución. Concepto e clases. O poder constituínte. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

Tema 2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguridade. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

Tema 3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: Dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguridade.

Tema 4. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguridade. Dereito de petición.

Tema 5. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

Tema 6. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

Tema 7. O poder xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

Tema 8. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención ao Tribunal Superior de Xustiza.

Tema 9. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 10. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

Tema 11. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

Tema 12. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

Tema 13. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

Tema 14. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

Tema 15. A organización e funcionamento do municipio. O pleno. O alcalde. A xunta de goberno local. Outros órganos municipais.

Tema 16. Bens, actividades e servizos públicos na esfera local.

Tema 17. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 18. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

Tema 19. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario.

Tema 20. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios públicos. Situacións administrativas.

Tema 21. Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Disposicións xerais. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Réxime disciplinario.

Tema 22. Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Funcións da policía local.

Tema 23. Lei de coordinación das policías locais de Galicia. Estrutura e aspectos fundamentais.

Tema 24. A selección, formación, promoción e mobilidade das policías locais de Galicia.

Tema 25. Réxime disciplinario da policía local. Réxime de incompatibilidades. Segunda actividade. Retribucións.

Tema 26. A policía local como instituto armado de natureza civil. Lexislación aplicable en materia de armamento. O uso de armas de fogo.

Tema 27. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo, abastos, mercados. Venda ambulante.

Tema 28. A actividade da policía local como policía administrativa II: espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos.

Tema 29. A actividade da policía local como policía administrativa III: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

Tema 30. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

Tema 31. Os plans de emerxencia. Coordinación de todas as administracións. Actuación policial.

Tema 32. Concepto e contido do dereito penal. Principios que o informan. Principio de legalidade. Principio de irretroactividade e as súas excepcións.

Tema 33. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

Tema 34. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de execución do delito.

Tema 35. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

Tema 36. Delitos contra a Administración pública.

Tema 37. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

Tema 38. Homicidio e as súas formas.

Tema 39. Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

Tema 40. Delitos contra a saúde pública. Tráfico de drogas.

Tema 41. Delitos relativos á ordenación do territorio e á protección do patrimonio histórico e do medio ambiente.

Tema 42. Delitos contra a seguridade viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

Tema 43. Faltas contra as persoas e contra o patrimonio.

Tema 44. As penas. Concepto, clases: privativas de liberdade, privativas de dereito e multa. Clasificación pola súa gravidade: graves, menos graves e leves.

Tema 45. A policía local como policía xudicial. Lexislación e funcións.

Tema 46. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

Tema 47. Entrada e rexistro en lugar pechado. Intervención das comunicacións telefónicas. Intervención das comunicacións postais. Uso da información obtida por estes medios.

Tema 48. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención.

Tema 49. Contido da asistencia letrada ao detido. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

Tema 50. Lei de seguridade viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

Tema 51. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.

Tema 52. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguridade. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia.

Tema 53. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

Tema 54. Permisos e licenzas de condución: as súas clases. Intervención, suspensión e revogación.

Tema 55. Transporte de mercadorías perigosas por estrada. Normativa legal. Intervención en caso de accidente.

Tema 56. A inspección técnica de vehículos. Transporte escolar: normativa vixente. O tacógrafo: definición e uso.

Tema 57. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

Tema 58. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local.

Tema 59. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Doutrina constitucional. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

Tema 60. Técnicas de tráfico I: ordenación e regulación do tráfico rodado. Conceptos básicos: densidade, intensidade, capacidade e velocidade. Sinalización das vías.

Tema 61. Técnicas de tráfico II: características dos sinais de tráfico. Instalación de semáforos. O estacionamento de vehículos. Concepto e problemática. Ordenación do estacionamento. Circulación peonil.

Tema 62. Toxicomanías. Clasificación das drogas. Lexislación aplicable.

Tema 63. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social, cultural.

Tema 64. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos. A policía como servizo á cidadanía. Colaboración con outros servizos municipais.

Tema 65. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitudes, valores, prexuízos e estereotipos. Formación de actitudes e relación coa conduta. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

Tema 66. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

Tema 67. Situacións de crise ou desastres. Efectos e reaccións ante estas situacións.

Tema 68. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

Tema 69. O mando: concepto, estilos, calidades, trazos e regras; características do mando: funcións, estilos, metodoloxía; relación con subordinados; técnicas de dirección e reunións.

Tema 70. Toma de decisións: proceso, obrigas en relación coa organización e relación cos subordinados; poder e autoridade.

Tema 71. Técnicas de dirección de persoal: concepto, funcións e responsabilidade. Planificación. Organización, distribución, execución e control do traballo policial. Reunións de grupo. Formación, reciclaxe e perfeccionamento profesional dos membros do equipo.

Tema 72. Calidade nos corpos de policía local.

Tema 73. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

Tema 74. Responsabilidade no exercicio profesional. Principio de xerarquía e subordinación. Relacións interpersoais. Integridade e imparcialidade. Consideración ética da dirección de persoal.

Tema 75. Deontoloxía profesional. Código de conduta para funcionarios encargados de facer cumprir a lei. Declaración do Consello de Europa sobre a policía. Principios básicos de actuación policial desde a perspectiva deontolóxica.

8. Policía local.

I. Número de prazas: 23.

II. Características.

Enmarcadas no grupo C; subgrupo C1; escala, administración especial; subescala, servizos especiais; clase, policía local; categoría, policía local. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao grupo C, subgrupo C1 e as complementarias propias do posto de traballo de policía local.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o sistema de selección de oposición pola quenda libre para 18 prazas, e o sistema de selección por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para 5 prazas para o acceso desde outros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia, por esixilo así a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais de Galicia.

IV. Condicións dos e das aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, establécense as seguintes:

1. Para poder tomar parte no proceso selectivo de acceso, os e as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española.

b) Superar os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 36 no caso dos aspirantes que se presenten pola quenda libre e para o caso dos aspirantes que se presenten pola quenda de mobilidade horizontal non faltar máis de doce anos para pasar á situación de segunda actividade con destino por razón da idade.

c) Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres. Este requisito acreditarase mediante declaración xurada sen prexuízo da súa posterior constatación.

d) Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de bacharelato (LOE), bacharelato (LOXSE), bacharelato unificado polivalente (Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación), Bacharelato superior (plan 1957), técnico (LOE), técnico (LOXSE), técnico especialista da Lei 14/1970 ou ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se acreditará mediante a presentación do titulo oficial ou copia autenticada deste, e, no seu defecto, xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo. No caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá achegarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia en que se faga constar a súa equivalencia coa exixida para o acceso.

e) Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP, segundo disposto no Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais. Deberase achegar copia compulsada dos ditos permisos.

f) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o/a aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial. O cumprimento deste requisito acreditarase mediante a presentación dunha declaración xurada nos termos sinalados.

g) Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidas, que o/a aspirante presentará en forma de declaración xurada.

h) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas, acreditado mediante declaración xurada.

i) Presentación dun certificado médico en que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións físicas e sanitarias) para a realización dos exercicios físicos que se especifiquen na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico. Non se admitirán certificacións que non se axuste a súa redacción a estes conceptos (anexo IV das bases)

j) Presentación do xustificante de aboamento dos dereitos de exame.

k) Aqueles aspirantes que se presenten pola quenda de mobilidade horizontal deberán acreditar que posúen unha categoría igual á da convocatoria (policía) como funcionarios de carreira noutros corpos de policía local da Comunidade Autónoma de Galicia así como unha antigüidade mínima de 5 anos dita categoría. Tales requisitos acreditaranse mediante certificación expedida pola entidade ou entidades nas que o aspirante prestase os seus servizos.

2. Todos estes requisitos, así como o de estar en posesión do título acreditativo do nivel de lingua galega exixido para a exención do exame, deberán acreditalos na data en que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria correspondente.

V. Presentación de documentación para o concurso na quenda de mobilidade horizontal.

Cando o sistema de selección sexa o de concurso, na quenda de mobilidade horizontal, os e as aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e en todo caso antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen de entre os establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada.

Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación procedente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel en que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración senón fose achegada antes da data de realización da sesión de valoración do concurso polo órgano de selección.

O órgano de selección poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustificar os méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos só alegados e sen xustificación nos termos establecidos nos dous parágrafos anteriores.

VI. Órgano de selección.

A súa composición e funcionamento rexerase de acordo co establecido pola base 8ª das xerais.

VII. Desenvolvemento dos exercicios das probas selectivas.

En calquera momento o órgano de selección poderá requirir os opositores para que acrediten a súa identidade.

A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra M, de conformidade co establecido na resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 26 de xaneiro de 2010, pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución da Consellería de Facenda do 19 de xaneiro de 2010 (DOG nº 14, do 22 de xaneiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente ao ano 2010.

Se en calquera momento do proceso selectivo chega ao coñecemento do órgano de selección que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos exixidos na respectiva convocatoria, logo da audiencia á persoa interesada, deberá propor ao órgano competente a súa exclusión con indicación das inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.

Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente o órgano de selección fará pública, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal www.vigo.org, a relación de aspirantes que o superasen coa indicación da puntuación ou cualificación obtida. As e os opositores non incluídos na lista terán a consideración de non aptos, e polo tanto quedarán eliminados do proceso selectivo.

Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia que os membros do órgano de selección, os colaboradores designados por este e os opositores, agás que o órgano de selección acorde a realización dalgunha proba, que o poida requirir de xeito oral, que se realizará en sesión pública, así como os correspondentes ás probas físicas segundo determinación do órgano de selección.

Desde a total terminación dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días naturais.

Contra os acordos do órgano de selección poderá interpoñerse o recurso procedente perante o órgano competente de conformidade co previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

VIII. Probas da oposición e a súa orde de desenvolvemento para a quenda libre.

1. As probas da oposición, obrigatorias e eliminatorias, son as seguintes, citadas pola orde en que deberán desenvolverse:

a) Probas de avaliación dos coñecementos das e dos aspirantes sobre os contidos do temario anexo. A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar a súa preparación intelectual e o dominio dos contidos do temario anexo ás presentes bases.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo órgano de selección. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización. A proba será cualificada polo órgano de selección de cero a dez puntos; será preciso acadar cinco puntos como mínimo. A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula:

N= (A-F/3)/10. (N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas falladas ou non respondidas).

b) Coñecemento da lingua galega. Estará dirixida á comprobación, por parte do órgano de selección, de que as e os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos ás probas que consideran máis adecuadas para tal comprobación. Esta proba cualificarase como apto ou non apto. Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír, con carácter previo, como mínimo o título Celga 4 ou equivalente debidamente homologado, correspondente ao nivel de estudos exixido para participar nas probas selectivas de que se trate, segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos cales se lles asignará a cualificación de apto.

c) Aptitude física, que incluirá a comprobación da estatura dos aspirantes. Irán dirixidas á comprobación das capacidades de forza, resistencia, axilidade, flexibilidade e velocidade dos aspirantes. Cualificaranse como apto/non apto.

– Comprobación da estatura. Antes de comezar as probas físicas efectuarase o control da estatura dos/as aspirantes; quedarán eliminados/as os/as que non acaden a estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

– Probas físicas. As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas de velocidade, de resistencia xeral e de natación, e alcanzar ou superar os mínimos das probas de potencia do tren superior e de potencia do tren inferior que se sinalan a continuación.

Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

Establécense diferentes marcas para cada sexo. As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación que poderán facerse de forma colectiva se así o considera o órgano de selección. Nas probas de resistencia xeral e natación, disponse dunha soa posibilidade de execución, no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de apto.

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberá realizarse en lugares adecuados ao tipo de proba que se vai executar, que serán determinados polo órgano de selección e sinalados no anuncio en que se convoquen os e as aspirantes para as correspondentes probas. En todas as probas deberase empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor/a, sistema que será determinado polo órgano de selección cualificador.

1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos. Realizarase nunha pista de atletismo ou calquera zona totalmente chaira de terreo compacto determinado polo órgano de selección.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar sinalado; poderá realizar a saída de pé ou anicado/a, sen utilizar tacos de saída.

As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 7,40´´.

Mulleres: 8,20´´.

2. Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

2.1. Flexións de brazos. Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, determinado polo órgano de selección. Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos. A flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por enriba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas. Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo exixible é de 10 flexións.

2.2. Suspensión en barra. Realizarase en ximnasio ou campo de deportes determinado polo órgano de selección. O exercicio consiste en quedar, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, suxeitar coas palmas da man cara atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, queixo situado por enriba da barra e sen ter contacto con ela. O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.

3. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal. Realizarase en ximnasio ou campo de deportes determinado polo órgano de selección, con chan horizontal e, coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas. O aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pés separados, paralelos entre si e á mesma altura. Realizará un salto horizontal caendo cos dous pés ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próximo á liña. As marcas mínimas exixidas (en centímetros) para a superación da proba son:

Homes: 210 cm.

Mulleres: 185 cm.

4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos. Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chá de terreo compacto determinado polo órgano de selección. O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase de pé. Será eliminado/a quen abandone a pista durante a carreira. As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 3´30´´.

Mulleres: 4´10´´.

5. Proba de natación: 25 metros estilo libre. Realizarase nunha piscina determinada polo órgano de selección que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes. O aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso; neste último caso deberá permanecer en contacto co bordo da saída. Unha vez que se dea o sinal de saída, os/as aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión. As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son:

Homes: 24´´.

Mulleres: 28´´.

d) Probas psicotécnicas. Estarán dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos aspirantes e a súa adecuación á función policial que se vai desempeñar comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado.

Serán efectuadas e valoradas por persoal especialista. Consistirán na aplicación dunha proba de aptitudes que medirá a capacidade intelectual dos aspirantes para actuar eficazmente, a avaliación do potencial dos candidatos/as para o desenvolvemento exitoso das funcións a desempeñar así como a aplicación de probas de personalidade destinadas a medir os aspectos afectivos e volitivos que permitan unha apreciación global da personalidade das e dos aspirantes. Cualificaranse como apto/non apto.

1. Proba de aptitudes. Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

2. Probas de personalidade. As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade. Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control adecuado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento da tensión e motivación polo traballo policial.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de tensión ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

e) Recoñecemento médico. Será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións policiais propias do posto de traballo. Cualificarase como apto/non apto.

Para os efectos da exclusión do aspirante, terase en conta o seguinte:

1) Obesidade-delgadeza. Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresada en metros.

2) Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial que, a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións policiais.

Para os diagnósticos aquí establecidos teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes. As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

2. Facúltase o órgano de selección, unha vez rematada a proba de coñecementos, para establecer por orde decrecente de puntuación a porcentaxe de aspirantes que deben desenvolver o resto das probas, por quendas consecutivas de resultar necesario, cuxo número non será inferior en todo caso ao dobre das prazas convocadas, para poder cumprir co previsto no artigo 13.2 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, respecto da lista de reserva.

3. Puntuación final dos aspirantes. Rematadas as probas, o órgano de selección outorgaralle a cada aspirante a puntuación final obtida, que se corresponderá coa cualificación da proba de coñecementos, referida ao temario.

Esta puntuación será determinante para confeccionar a lista de aprobados/as e a lista de reserva prevista no artigo 13.2 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

IX. Baremo do concurso na quenda de mobilidade horizontal.

O procedemento de concurso consiste na comprobación, avaliación e cualificación dos méritos alegados e xustificados, se é o caso, polos aspirantes, de acordo co baremo que se determina a continuación:

1. Titulacións académicas. As titulacións que se baremarán serán as seguintes:

1.1. Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente: 3,00 puntos.

1.2. Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 2,00 puntos.

1.3. Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente: 1,50 puntos.

1.4. Bacharelato, técnico ou equivalente: 0,50 puntos, se é o caso, de posuír outra adicional a de requisito de acceso.

Non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría a que se aspira, e si as adicionais no caso de que se posúa máis dunha.

Tampouco se terán en conta, para os efectos de valoración, as titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional; o aspirante deberá presentar a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición en que se estableza esta e, se é o caso, o BOE en que se publica.

Só se valorarán os títulos antes citados, non os cursos realizados para a súa obtención.

2. Antigüidade. Para os efectos de valoración da antigüidade só serán tidos en conta os servizos prestados como funcionario de carreira.

2.1. Por cada ano de servizos ou fracción superior a seis meses prestados nos corpos de policía local: 0,20 puntos.

2.2. Por cada ano de servizos ou fracción superior a seis meses prestados noutros corpos e forzas de seguridade: 0,10 puntos.

2.3. Por cada ano de servizos ou fracción superior a seis meses prestados noutros corpos das administracións públicas: 0,05 puntos.

3. Formación e docencia.

3.1. Formación profesional continua:

3.1.1. Os cursos de formación profesional ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

a) Cada hora presencial en actividades con exame de aproveitamento: 0,025 puntos.

b) Cada hora a distancia en actividades con exame de aproveitamento: 0,020 puntos.

c) Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

d) Cada hora en actividades formativas de asistencia en formación en liña: 0,010 puntos.

Os cursos de manifesto interese policial homologados pola Academia Galega de Seguridade Pública, superados nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, serán valorados de acordo o seguinte baremo:

a) Ata 20 horas lectivas: só asistencia 0,20 puntos; aproveitamento 0,30 puntos.

b) Entre 21 e 40 horas lectivas: só asistencia 0,35 puntos; aproveitamento 0,50 puntos.

c) Entre 41 e 70 horas lectivas: só asistencia 0,45 puntos; aproveitamento 0,65 puntos.

d) Entre 71 e 100 horas lectivas: só asistencia 0,50 puntos; aproveitamento 0,75 puntos.

e) Entre 101 e 200 horas lectivas: só asistencia 0,75 puntos; aproveitamento 1,00 punto.

f) Máis de 200 horas lectivas: só asistencia 1,00 punto; aproveitamento 1,30 puntos.

Non se terán en conta, para os efectos de valoración: os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguridade; os cursos repetidos, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a finalización do primeiro curso, e os cursos necesarios para a obtención das titulacións da epígrafe 1 anterior (titulacións académicas), nin a superación de materias destes.

3.2 Docencia:

3.2.1. A participación como profesor/a en cursos ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo dos corpos e forzas de seguridade, valoraranse por hora impartida a razón de:

a) Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,020 puntos.

b) Cada hora en actividades de formación en liña: 0,015 puntos.

3.2.2. A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas de manifesto interese policial dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguridade, desenvolvidas nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, valoraranse por hora impartida a razón de:

a) Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

b) Cada hora en actividades de formación en liña: 0,010 puntos.

O mesmo curso impartido en máis dunha ocasión só computará unha vez, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a súa impartición.

Os méritos deste epígrafe 3 (Formación e docencia), deberán acreditarse dentro do prazo establecido nas presentes bases, mediante a presentación dos diplomas ou certificados correspondentes, que expresarán claramente os contidos xerais e as horas de formación ou docencia, se é o caso.

4. Distincións e recompensas oficiais.

a) Placa individual ao mérito da policía local: 2,00 puntos.

b) Placa colectiva ao mérito da policía local: 1,5 puntos.

c) Medalla ao mérito da policía local: 1,00 punto.

d) Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos: 0,75 puntos.

e) Distinción do órgano colexiado competente do concello: 0,25 puntos.

5. Idiomas. O coñecemento doutro idioma distinto ao español e ao galego, acreditado por certificado de escola oficial de idiomas, valorarase a razón de:

a) Ciclos.

• Certificado de superación do ciclo elemental: 1,00 punto.

• Certificado de superación do ciclo superior: 2,00 puntos.

b) Niveis.

• Certificado superación nivel básico: 0,65 puntos.

• Certificado superación nivel intermedio: 1,30 puntos.

• Certificado superación nivel avanzado: 2,00 puntos.

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten.

6. Lingua galega.

• Celga 1: 0,25.

• Celga 2: 0,50.

• Celga 3: 0,75.

• Celga 4: 1,00.

• Curso de iniciación: 0,75.

• Curso de perfeccionamento: 1,00.

• Curso de linguaxe administrativa nivel medio: 1,50.

• Curso de linguaxe administrativa nivel superior: 2,00.

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten.

ANEXO
Temario específico

(Exclúense os temas para prazas do subgrupo C1, que figuran como anexo as bases xerais)

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

Tema 2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: Dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguridade. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

Tema 3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: Dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguridade. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguridade. Dereito de petición.

Tema 4. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

Tema 5. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

Tema 6. O poder xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

Tema 7. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

Tema 8. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 9. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

Tema 10. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

Tema 11. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

Tema 12. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

Tema 13. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e funcionamento do municipio. O pleno. O alcalde. A xunta de goberno local. Outros órganos municipais.

Tema 14. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 15. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

Tema 16. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

Tema 17. Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Funcións da policía local.

Tema 18. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

Tema 19. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

Tema 20. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

Tema 21. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

Tema 22. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

Tema 23. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

Tema 24. Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

Tema 25. Homicidio e as súas formas. Faltas contra as persoas. Delitos e faltas contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

Tema 26. Delitos contra a seguridade viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes.

Tema 27. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

Tema 28. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

Tema 29. Lei de seguridade viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

Tema 30. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguridade.

Tema 31. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

Tema 32. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

Tema 33. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

Tema 34. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

Tema 35. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

Tema 36. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e compañeiros. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

Tema 37. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

Tema 38. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

Tema 39. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

Tema 40. Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo público.

9. Cabo de extinción de incendios.

I. Número de prazas: 1.

II. Características da praza.

Enmarcada no grupo C2 de titulación; escala, Administración especial; subescala, servizos especiais; clase, extinción de incendios, categoría, cabo. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao grupo C2 e as complementarias propias do posto de traballo de cabo do servizo de extinción de incendios.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, e resérvase para promoción interna entre funcionarios de carreira do grupo C2 de titulación do servizo de extinción de incendios que conten cunha antigüidade de cando menos dous anos no corpo u escala a que se aspira ingresar.

A fase de concurso avaliarase de conformidade co establecido na base 12ª das xerais.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base 4ª das xerais.

V. Identificación dos e das opositores/as.

Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser exixido polo órgano de selección en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran os programas das bases específicas. O cuestionario será elaborado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Desenvolverase por escrito, durante un período máximo dunha hora, e consistirá en desenvolver un suposto teórico-práctico proposto polo órgano de selección e relacionado coas funcións propias asignadas ao posto e que teña relación co temario específico da convocatoria.

Concluída a lectura do exercicio o tribunal poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

A cualificación de cada exercicio e a final faranse de acordo co previsto na base 10ª das xerais.

VII. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base 14ª das xerais, o/a aspirante aprobado/a, unha vez achegada toda a documentación exixida, será nomeado/a funcionario/a en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación. Deberá superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario/a de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

– Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

– A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

– Faltar ao curso máis dun terzo das xornadas lectivas das que conste.

– Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.

– Non superar a metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidencia: un/unha funcionario/a do grupo A, subgrupos A1 ou A2 de titulación .

Secretaría: un/unha técnico/a de Administración xeral ou funcionario/a con habilitación de carácter estatal.

Vogais: o oficial do servizo. Un suboficial, e no seu defecto o sarxento ou cabo de maior antigüidade, designados polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal.

Dous/dúas funcionarios/as do concello ou dos seus organismos autónomos designados polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal, un/unha deles/as adscrito/a á Área de Seguridade e Mobilidade.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten o profesorado do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para formar o seu xuízo de valor.

ANEXO I
Temario xeral

(Exclúense os temas para prazas do grupo C2, que figuran como anexo as bases xerais)

Tema 1. A Constitución española: estrutura, principios e procedemento de reforma. O modelo económico da Constitución española. Dereitos e deberes fundamentais dos españois, garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. O municipio: concepto e elementos. El termo municipal. A poboación: Especial referencia ao empadroamento.

Tema 3. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais e análise do seu contido.

Tema 4. A fisioloxía do fogo. Fenómeno fisicoquímico. Extinción de incendios.

Tema 5. Cambios de estado da materia. Concepto de combustión. Enerxía de activación. Velocidade de propagación. Calor, caloría, calor específico e enerxía calorífica.

Tema 6. Deflagracións. Explosións. Detonacións. Explosións B.L.E.V.E.

Tema 7. Actividades do servizo de extinción de incendios e salvamento. Tácticas das brigadas de combate contra o lume. Incendios forestais. Formas de combatelos. Medios.

Tema 8. Contaminantes e roupa de protección persoal. Equipamentos de protección respiratoria.

Tema 9. Vehículos contraincendios. Normativa europea.

Tema 10. A Lei de emerxencias de Galicia. Aspectos fundamentais.

10. Bombeiro.

I. Número de prazas: 4.

II. Características.

Enmarcadas no subgrupo C2 de titulación, escala, Administración especial; subescala, servizos especiais; clase, extinción de incendios; categoría, bombeiro. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes o subgrupo C2 de titulación e as complementarias propias do posto de bombeiro.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base 4ª das xerais.

Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial, co obxecto de acreditar a aptitude física, en que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa redacción a estes conceptos (anexo IV das bases).

V. Identificación dos e das opositoras.

Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser exixido polo órgano de selección en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Eliminatorio composto de tres probas:

1ª. Subir e baixar a pulso unha corda lisa de sete metros sen axuda dos pés e sen impulso desde a posición de sentado, subindo sen deixar os pés tocando no chan.

Descanso de 30 segundos.

2ª. Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 12 flexións consecutivas no derradeiro chanzo da escaleira, brazos totalmente estendidos, coas palmas cara ao exterior, e deberá superar o queixo a barra; non se permite balanceo na realización das flexións.

Descanso de 45 segundos.

3ª. Executar 30 repeticións en press de banca con 45 kg, nun tempo inferior ou igual a 30 segundos, debendo executar o exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.

As flexións teñen como obxectivo medir a forza dos músculos flexores dos antebrazos e os da cintura escápulo-humeral.

Material: unha barra fixa/escaleira horizontal, de ximnasia deportiva.

Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara adiante. Brazos e pernas extendidas. Os pés sen tocar o chan.

Execución. Levantar o corpo cos brazos ata que o queixo pase a barra. Baixar o corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Pódese repetir o exercicio tantas veces como se poida.

Regras. A flexión non é un movemento de lategazo, non se poden levantar os xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá ser o máis uniforme posible. O queixo non pode tocar a barra e debe superala. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.

É necesario superar as tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.

b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan deseguido xunto coas marcas e puntuacións:

1ª Proba: 100 m lisos.

Obxectivo: medir a velocidade de desprazamento e a axilidade.

Material. Instalacións de atletismo e cronometraxe eléctrica.

Execución. Estableceranse as quendas que o órgano de selección coide oportuno, asignándose unha rúa a cada participante, sendo as voces de mando que se utilizarán dúas: 1. «Aos seus postos». A esta voz as e os participantes deberán ocupar a súa posición detrás da liña de saída da súa respectiva rúa. Permitirase o uso de tacos de saída debendo ser a posición a seguinte: as dúas mans e un xeonllo deberán estar en contacto co chan e os dous pés cos tacos de saída. Non se pode tocar a liña de saída nin o chan por diante desta con ningunha parte do corpo. 2. «Listos». A esta voz as e os participantes deberán tomar sen perda de tempo a posición final de saída e permanecer inmóbiles ata a detonación da pistola ou aparello de saídas. A posición será coas dúas mans en contacto co chan e os pés cos tacos de saída. Se un/unha participante se move antes da detonación considerarase a saída falsa, e o xuíz de saída dará o disparo definitivo só cando comprobe que todos os participantes adoptaron a posición axeitada.

Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ao interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.

2ª Proba: carreira 200 m con carga 30 kg.

Obxectivo: medir a resistencia anaeróbica.

Terreo: instalación de atletismo.

Descrición: posición inicial: á voz de «listo» o/a executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso aos seus pés. O saco poderá ser agarrado pero non levantarse do chan ata oír o disparo. Ao oír o disparo levantará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sorteará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.

Normas: o saco deberá transportarse durante a totalidade da proba. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o/a participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco.

3ª Proba: circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación.- Medir as capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).

Material. Dous paus de 1,70 m de alto por 3 cm de ancho, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e un deles prolongada verticalmente por dous paus apegados aos seus extremos laterais, que teñen as mesmas características cós citados anteriormente.

Posición inicial: detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución. Ao sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras. O cronómetro eléctrico porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco (cando pase o último valo co tronco). Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou desprace algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ao excedelo.

Permítense dous intentos con descanso entre os dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª Proba: carreira 1000 m.

Obxectivo. Medir a resistencia anaeróbica láctica.

Material. Instalación de atletismo e cronometraxe eléctrica.

Descrición. Estableceranse as quendas que o órgano de selección considere oportuno. Os aspirantes situaranse por orde a tres metros da liña de saída, e a única voz que se utilizará é a de «Aos seus postos», neste intre deberá situarse detrás da liña de saída sen pisala e de pé. O disparo de saída efectuarase unha vez que o xuíz comprobe que todos os participantes están na posición axeitada.

Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco.

5ª Proba natación 100 m.

Descrición: o/a aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de «xa» comezará a proba que finalizará no momento en que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.

Normas: durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.

6ª Proba: acceso a coche escaleira.

Descrición: a proba consiste en subir e baixar un a un os chanzos da escaleira completa, estando esta estirada ao máximo e cunha inclinación máxima de 80º. Os aspirantes irán debidamente asegurados por arnés e corda; terán a consideración de aptos os que consigan realizar a proba nun tempo prudencial que fixará o órgano de selección inmediatamente antes da súa realización.

Marcas e puntuación.

100 m lisos

Marcas

Puntuación

11”80

20

11”82

18

11”85

16

11”90

14

11”97

12

12”07

10

12”22

8

12”44

6

12”74

4

13”10

2

Carreira 200 m con carga 30 kg

Marcas

Puntuación

33”

20

33”20

18

33”50

16

34”00

14

34”70

12

35”60

10

36”70

8

38”00

6

39”40

4

41”00

2

Axilidade

Marcas

Puntuación

8”80

20

8”83

18

8”88

16

8”95

14

9”04

12

9”15

10

9”28

8

9”44

6

9”63

4

9”85

2

Carreira 1000 m

Marcas

Puntuación

2’50”

20

2’51”

18

2’52”

16

2’54”

14

2’56”

12

2’59”

10

3’02”

8

3’06”

6

3’10”

4

3’14”

2

Natación 100 m

Marcas

Puntuación

1’15”

20

1’16”

18

1’18”

16

1’21”

14

1’24”

12

1’27”

10

1’31”

8

1’35”

6

1’40”

4

1’45”

2

Todos os/as aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Para as mulleres rexerán os mesmos criterios sinalados no parágrafo anterior, coa excepción de que a puntuación que obteñan se lles incrementará nun 20 %.

Neste primeiro exercicio cualificaranse as probas da alínea a) como apto ou non apto. Nas da alínea b) puntuarase de 0 a 20 puntos; os aspirantes quedarán obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 2 puntos, senón quedarán eliminados. Así mesmo, tamén quedará eliminado quen non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividir o total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Segundo exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran os programas das bases específicas. O cuestionario será determinado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. Recoñecemento médico. Realizarase no centro que se lle indique. Este recoñecemento certificará que o/a aspirante non está incurso/a en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria. É de carácter obrigatorio e eliminatorio.

A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.

Así mesmo, o órgano de selección reserva para si a posibilidade, se o considera oportuno, de realizar probas de control antidopping.

Cuarto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias posuír o título Celga 3 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

Quinto exercicio. Probas psicotécnicas, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Estarán dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos aspirantes e a súa adecuación ás funcións a desempeñar comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado.

Terán que ser efectuadas e valoradas por persoal especialista. Consistirán na aplicación dunha proba de aptitudes que medirá a capacidade intelectual dos aspirantes para actuar eficazmente, a avaliación do potencial dos candidatos para o desenvolvemento exitoso das funcións que se van desempeñar así como a aplicación de probas de personalidade destinadas a medir os aspectos afectivos e volitivos que permitan unha apreciación global da personalidade das e dos aspirantes. Cualificaranse como apto/non apto.

A cualificación global será de apto/non apto.

1. Proba de aptitudes. Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

2. Probas de personalidade. As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño das funcións, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade. Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación, capacidade de afrontamento da tensión e motivación.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de tensión ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

No primeiro exercicio cualificaranse as probas da alínea a) como apto ou non apto. Nas da alínea b) puntuarase de 0 a 20 puntos; os aspirantes quedarán obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 2 puntos, senón quedarán eliminados. Así mesmo, tamén quedará eliminado quen non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividir o total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Para as mulleres rexerán os mesmos criterios sinalados no parágrafo anterior, coa excepción de que a puntuación que obteñan se lles incrementará nun 20 %.

O segundo exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos.

O terceiro e quinto exercicio cualificaranse como apto ou non apto.

A cualificación do cuarto exercicio farase conforme ao previsto na base 10ª das xerais, cun máximo de 2 puntos.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición primeiro, segundo e cuarto, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elaborar a relación de aprobados por orde de puntuación.

VII. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base 14ª das xerais, o/a aspirante aprobado/a, unha vez achegada toda a documentación exixida, será nomeado/a funcionario/a en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación. Deberá superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario/a de carreira.

No desenvolvemento de dito curso, con carácter obrigatorio e eliminatorio, realizaranse dúas probas programadas para a detección de medos irracionais que poidan bloquear o bombeiro no desempeño das súas funcións.

– Proba de vertixe: o aspirante situarase nunha localización situada a aproximadamente 20 metros de altura, nunha plataforma ou edificio, debidamente asegurado con sistema anticaída. Será requirido para manipular algún tipo de sistema ou mecanismo situado fóra da vertical da plataforma en que se atope, sempre sen ter que abandonar esta totalmente. Non se entenderá como bloqueo o producido polos elementos anticaída ou descensores.

– Proba de claustrofobia: o aspirante debera percorrer un labirinto con privación do sentido da vista, no cal deberá sortear obstáculos e pasos estritos. Sen tempo de execución, quedarán descualificados aqueles aspirantes que se bloqueen durante o percorrido.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

– Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

– A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

– Faltar ao curso máis dun terzo das xornadas lectivas de que conste.

– Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.

– Non superar a metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

– A non superación das probas de detección de medos irracionais.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidencia: un/unha funcionario/a do grupo A, subgrupos A1 ou A2 de titulación .

Secretaría: un/unha técnico/a de Administración xeral ou funcionario/a con habilitación de carácter estatal.

Vogais: O oficial do servizo. Un suboficial, e no seu defecto o sarxento ou cabo de maior antigüidade, designados polo concelleiro-delegado da área de xestión municipal.

Dous/dúas funcionarios/as do concello ou dos seus organismos autónomos designados polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal, un/unha deles/as adscrito/a á Área de Seguridade e Mobilidade.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten o profesorado do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para formar o seu xuízo de valor.

ANEXO I
Temario

(Exclúese o común para prazas do suggrupo C2, que figura como anexo ás bases xerais)

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Deberes e dereitos fundamentais dos españois. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.

Tema 2. O municipio. Organización municipal. Competencias do municipio

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario. Situacións administrativas.

Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Parte específica.

Tema 1. Cambios de estado da materia: fases e estado da materia.

Tema 2. Concepto de combustión. Enerxía de activación. Velocidade de propagación.

Tema 3. Calor, caloría, calor específico, enerxía calorífica.

Tema 4. Mecanismos de extinción.

Tema 5. Axentes extintores.

Tema 6. Equipamentos de protección persoal.

Tema 7. Equipamentos de respiración: circuíto aberto, circuíto pechado, máscaras. Tipos e funcionamento. Reguladores: tipos e funcionamento.

Tema 8. Materias perigosas: tipos de materia perigosa: explosivas, inflamables, comburentes, tóxicas, radioactivas, corrosivas.

Tema 9. Clasificación das materias. Códigos de identificación. Códigos de perigo.

Tema 10. Tipos de incendio: incendio urbano, incendio industrial, incendio forestal.

Tema 11. Equipos de detección e medición. Explosímetros.

Tema 12. Equipamentos de excarceración: diferentes tipos de ferramenta.

Tema 13. Vehículos contra incendios: urbanos, rurais, forestais, autoescaleiras, autobrazos.

Tema 14. Elementos estruturais dun edificio.

Tema 15. Definición e clases de electricidade. Efectos sobre o ser humano. As intervencións nos sinistros con riscos eléctricos.

Tema 16. Principios xerais de socorrismo.

ANEXO II
Exclusións médicas

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedir o desempeño das súas funcións de bombeiro.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comprobar o estado de saúde do/a aspirante, ao final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous terzos da visión normal en ambos os dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento e retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non se deberá exceder as cifras en repouso de 145mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limitar o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstrutiva, o pneumotorax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabetes, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de bombeiro.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, a que se refire o número 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III
Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que debe realizar o servizo de extinción de incendios, os test irán dirixidos a excluír os aspirantes con anomalías respecto ao perfil psicolóxico que debe reunir o persoal do servizo, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara ás normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudo psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conduta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo/a). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conduta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superprodutividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía poden estorbar os demais xa que prestan moi pouca atención aos principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha «situación crítica».

7. Histeria: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento aos problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

Así mesmo, o órgano de selección fixará uns criterios mínimos antes da realización dos exercicios tanto intelectuais como de personalidade que de non ser alcanzados excluirán o/a candidato, e que se traducen en:

1. Nivel intelectual: refírese a capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.

2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo, sociabilidade e capacidade de adaptación ao grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.

11. Condutor-bombeiro.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no subgrupo C2 de titulación, escala, Administración especial; subescala, servizos especiais; clase, extinción de incendios; categoría, bombeiro. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes o subgrupo C2 de titulación e as complementarias propias do posto de condutor-bombeiro.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

IV. Condicións dáse dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e en posesión do carné de conducir da clase C + E con BTP, na data de finalización do prazo regulamentario de presentación de solicitudes.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base 4ª das xerais.

Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial, co obxecto de acreditar a aptitude física, en que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa redacción a estes conceptos (anexo IV das bases).

V. Identificación das e dos opositores.

As e os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser exixido polo órgano de selección en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Eliminatorio composto de tres probas:

1ª. Subir e baixar a pulso unha corda lisa de sete metros sen axuda dos pés e sen impulso desde a posición de sentado, subindo sen deixar os pés tocando no chan.

Descanso de 30 segundos.

2ª. Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 10 flexións consecutivas no derradeiro chanzo da escaleira, brazos totalmente estendidos, coas palmas cara ao exterior, e debendo superar o queixo a barra; non se permite balanceo na realización das flexións.

Descanso de 30 segundos.

3ª. Executar 25 repeticións en press de banca con 45 kg, nun tempo inferior ou igual a 30 segundos, debendo executar o exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.

As flexións teñen como obxectivo: medir a forza dos músculos flexores dos antebrazos e os da cintura escapulo-umeral.

Material: unha barra fixa/escaleira horizontal, de ximnasia deportiva.

Posición inicial: suspendido da barra coas palmas da man cara a adiante. Brazos e pernas extendidas. Os pes sen tocar o chan.

Execución. Levantar o corpo cos brazos ata que o queixo supere a barra. Baixar o corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repetir o exercicio tantas veces como se poida.

Regras. A flexión non é un movemento de lategazo, non se poden levantar os xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá ser o máis uniforme posible. O queixo non pode tocar a barra e debe superala. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.

É necesario superar as tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.

b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan de seguido xunto coas marcas e puntuacións:

1ª Proba 100 m lisos.

Obxectivo: medir a velocidade do desprazamento e a axilidade.

Material. Instalacións de atletismo e cronometraxe eléctrica.

Execución. Estableceranse as quendas que o órgano de selección considere oportuno; asignarase unha rúa a cada participante. As voces de mando serán dúas: 1. «Aos seus postos». A esta voz os participantes deberán ocupar a súa posición detrás da liña de saída da súa respectiva rúa. Permitirase o uso de tacos de saída; a posición deberá ser a seguinte: as dúas mans e un xeonllo deberán estar en contacto co chan e os dous pés cos tacos de saída. Non se pode tocar a liña de saída nin o chan por diante desta con ningunha parte do corpo. 2. «Listos». A esta voz os e as participantes deberán tomar sen perda de tempo a posición final de saída e permanecer inmóbiles ata a detonación da pistola ou aparello de saídas. A posición será coas dúas mans en contacto co chan e os pés cos tacos de saída. Se un participante se move antes da detonación considerarase a saída falsa; o xuíz de saída dará o disparo definitivo só cando comprobe que todos os participantes adoptaron a posición axeitada.

Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o/a participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ao interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.

2ª Proba 200 m con carga 30 kg.

Obxectivo: medir a resistencia anaeróbica.

Terreo: instalación de atletismo.

Descrición: posición inicial: á voz de «listo» o/a executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso aos seus pés. O saco poderá ser agarrado pero non levantarse do chan ata oír o disparo.

Ao oílo, levantará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sorteará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.

Normas: o saco deberá transportarse durante a totalidade da proba. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o/a participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco.

3ª Proba circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación: medir as capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).

Material: dous paus de 1,70 m de alto por 3 cm de ancho, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paus pegados aos seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial: detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución: ao sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras: o cronómetro eléctrico porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco (cando pase o último valo co tronco). Considérase nulo cando non se complete o percorrido, cando se derrube ou desprace algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ao sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre os dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

missing image file

4ª Proba 1000 m:

Obxectivo: medir a resistencia anaeróbica láctica.

Material: instalación de atletismo e cronometraxe eléctrica.

Descrición: estableceranse as quendas que o órgano de selección considere oportuno. Os e as aspirantes situaranse por orde a tres metros da liña de saída, e a única voz que se utilizará é a de: «Aos seus postos», intre en que se situará detrás da liña de saída sen pisala e de pé. O disparo de saída efectuarase unha vez que o xuíz comprobe que todos os participantes están na posición axeitada.

Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o/a participante acade a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco.

5ª Proba natación 100 m.

Descrición: o/a aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de «xa» comezará a proba que finalizará no momento en que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.

Normas: durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.

6ª Proba: acceso a coche escaleira.

Descrición: a proba consiste en subir e baixar un a un os chanzos da escaleira completa, estando esta estirada ao máximo e cunha inclinación máxima de 80º. Os aspirantes irán debidamente asegurados por arnés e corda, e terán a consideración de aptos os que acaden realizar a proba nun tempo prudencial que fixará o órgano de selección inmediatamente antes da súa realización.

Marcas e puntuacións.

100 metros lisos

Marcas

Puntuación

12”00

10

12”03

9

12”07

8

12”13

7

12”22

6

12”34

5

12”51

4

12”74

3

13”04

2

13”40

1

Carreira 200 m con carga 30 kg

Marcas

Puntuación

36”00

10

36”30

9

36”80

8

37”50

7

38”40

6

39”50

5

40”08

4

42”30

3

44”00

2

46”00

1

Axilidade

Marcas

Puntuación

9”30

10

9”32

9

9”36

8

9”42

7

9”50

6

9”60

5

9”72

4

9”86

3

10”04

2

10”30

1

Carreira 1.000 m

Marcas

Puntuación

3’00”

10

3’01”

9

3’02”

8

3’04”

7

3’06”

6

3’09”

5

3’12”

4

3’17”

3

3’21”

2

3’26”

1

Natación 100 m

Marcas

Puntuación

1’22”

10

1’23”

9

1’25”

8

1’27”

7

1’30”

6

1’34”

5

1’38”

4

1’42”

3

1’47”

2

1’52”

1

Todas e todos os e aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Neste exercicio cualificaranse as probas da alínea a) como apto ou non apto. Nas da alínea b) puntuarase de 0 a 10 puntos; os aspirantes quedarán obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 1 punto, senón quedarán eliminados. Así mesmo, tamén quedará eliminado quen non acade un mínimo de 5 puntos como resultado de dividir o total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Para as mulleres rexerán os mesmos criterios sinalados no parágrafo anterior, coa excepción de que a puntuación que obteñan se lles incrementará nun 20 %.

Segundo exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que xulgue o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran os programas das bases específicas, cuestionario determinado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos; será necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique. Certificarase que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.

Así mesmo, o órgano de selección reserva para si a posibilidade, se o considera oportuno, de realizar probas de control antidopping.

Cuarto exercicio. Consistirá na realización dunha proba en que se demostre o coñecemento viario da cidade (guía de rúas), así como dos principais centros de pública concorrencia, centros sanitarios, colexios e edificios públicos, localización e acceso ás industrias de especial actividade de risco dentro do termo municipal. A proba será proposta polo órgano de selección e consistirá en varias preguntas sobre a guía de rúas ou itinerarios que determinará o órgano de selección.

Avaliarase de 0 a 10 puntos, e quedarán excluídos os que non acadase a puntuación mínima dun cinco

Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nun exame práctico composto de dúas partes. Unha primeira parte a), axilidade, manexo e aptitude no que se refire á execución de manobras e unha segunda parte b), de habilidade na condución dun vehículo do servizo polo circuíto proposto polo órgano de selección.

Para a realización deste exercicio deberán comparecer provistos do permiso de condución exixido. O órgano de selección declarará excluído do proceso selectivo ao aspirante que non cumpra os requisitos exixidos nestas bases, respecto do dito permiso.

Este exercicio cualificarase a alínea a) como apto ou non apto e a alínea b) de 0 a 10 puntos e o órgano de selección establecerá previamente os criterios de corrección e cualificación deste exercicio.

Sexto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o título Celga 3 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

Sétimo exercicio. Probas psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Estarán dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos aspirantes e a súa adecuación ás funcións a desempeñar comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado.

Terán que ser efectuadas e valoradas por persoal especialista. Consistirán na aplicación dunha proba de aptitudes que medirá a capacidade intelectual dos aspirantes para actuar eficazmente, a avaliación do potencial dos candidatos para o desenvolvemento exitoso das funcións que se van desempeñar así como a aplicación de probas de personalidade destinadas a medir os aspectos afectivos e volitivos que permitan unha apreciación global da personalidade das e dos aspirantes. Cualificaranse como apto/non apto.

A cualificación global será de apto/non apto.

Proba de aptitudes. Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

Probas de personalidade. As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño das funcións, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade. Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación, capacidade de afrontamento da tensión e motivación.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse, os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de tensión ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación.

Neste primeiro exercicio cualificaranse as probas da alínea a) como apto ou non apto. Nas da alínea b) puntuarase de 0 a 10 puntos; os/as aspirantes quedarán obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 1 punto, senón serán declarados/as non aptos/as. Así mesmo, tamén quedará eliminado quen non acade un mínimo de 5 puntos como resultado de dividir o total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Para as mulleres rexerán os mesmos criterios sinalados no parágrafo anterior, coa excepción de que á puntuación que obteñan se lles incrementará nun 20 %.

O segundo e o terceiro exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles.

O cuarto exercicio cualificarase a primeira parte como apto/a ou non apto/a e, a segunda parte de cero a dez puntos e quedará eliminado/a quen non acade un mínimo de cinco puntos.

O quinto e o sétimo exercicio cualificaranse como apto ou non apto.

A cualificación do sexto exercicio farase conforme o previsto na base 10ª das xerais, cun máximo de 2 puntos.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición primeiro, segundo, terceiro, cuarto e sexto, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elaborar a relación de aprobados por orde de puntuación.

A relación de aprobados por orde de puntuación farase de conformidade coa base 10ª das xerais.

VII. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base 14ª das xerais, o/a aspirante aprobado/a, unha vez achegada toda a documentación exixida, será nomeado/a funcionario/a en prácticas, percibirá as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, e deberá superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario/a de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

– Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

– A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

– Faltar ao curso máis dun terzo das xornadas lectivas das que conste.

– Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.

– Non supera a metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidencia: un/unha funcionario/a incluído/a nos subgrupos A1 ou A2 de titulación do Concello de Vigo.

Secretaría: un/unha técnica de Administración xeral ou funcionario/a con habilitación de carácter estatal.

Vogais: o oficial do servizo. O suboficial, e no seu defecto o sarxento ou cabo de maior antigüidade, designados polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal.

Dous funcionarios do Concello ou dos seus organismos autónomos designados polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal, un deles/as adscrito/a a Área de Seguridade e Mobilidade.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle facilite o profesorado do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para formar o seu xuízo de valor.

ANEXO I
Temario

(Exclúese o común para prazas do subgrupo C2, que figura como anexo ás bases xerais).

Temario xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Deberes e dereitos fundamentais dos españois. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.

Tema 2. O municipio. Organización municipal. Competencias do municipio.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario. Situacións administrativas.

Tema 4. Estatuto de autonomía de Galicia.

Temario específico.

Tema 1. Cambios de estado da materia: fases e estado da materia.

Tema 2. Concepto de combustión. Enerxía de activación. Velocidade de propagación.

Tema 3. Calor, caloría, calor específico, enerxía calorífica.

Tema 4. Mecanismos de extinción.

Tema 5. Axentes extintores.

Tema 6. Clasificación das materias. Códigos de identificación. Códigos de perigo.

Tema 7. Vehículos contra incendios: urbanos, rurais, forestais, autoescaleiras, autobrazos.

Tema 8. Principios xerais de socorrismo.

Tema 9. O motor diésel

Tema 10. O motor a gasolina

Tema 11. Sistema de alimentación: gasolina e diésel.

Tema 12. O chasis, a carrozaría e suspensións.

Tema 13. Sistemas de direccións dos vehículos.

Tema 14. Sistemas de freado dos vehículos.

Tema 15. Sistemas eléctricos dos vehículos

Tema 16. Sistema de transmisións dos vehículos: embrague, caixa de cambios, diferencial, palieres.

ANEXO II
Exclúsións médicas

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedir o desempeño das súas funcións de condutor-bombeiro.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comprobar o estado de saúde do/a aspirante, ao final do cal o propio tribunal médico certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior aos dous a da visión normal nos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de condutor-bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Ulcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non deben exceder as cifras en repouso de 145mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limitar o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstrutiva, o pneumotorax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de condutor-bombeiro.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de condutor-bombeiro.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de condutor-bombeiro.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de condutor-bombeiro.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o número 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III
Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que debe realizar o servizo de extinción de incendios, os test irán dirixidos a excluír os aspirantes con anomalías respecto ao perfil psicolóxico que debe reunir o persoal do servizo, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara a normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudo psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se amosanse agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conduta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conduta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superprodutividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorbar os demais xa que prestan moi pouca atención aos principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e cos seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a amosar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, pouco interese e introversión cando se atopa ante unha «situación crítica».

7. Histeria: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento aos problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

Así mesmo, o órgano de selección fixará uns criterios mínimos antes da realización dos exercicios tanto no ámbito intelectual como de personalidade que de non ser acadados excluirán o/a candidato, e que se traducen en:

1. Nivel intelectual: refírese á capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.

2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo; sociabilidade e capacidade de adaptación ao grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.

Persoal laboral.

12. Oficial condutor.

I. Número de prazas: 3 ( 1 para quenda libre e 2 para promoción interna).

II. Características.

En réxime laboral, equiparadas ao subgrupo C2 para os efectos de titulación. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ao subgrupo C2 e as complementarias propias do posto de traballo a que se adscriban as prazas.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, a excepción das prazas reservadas para promoción interna, que será por concurso-oposición entre persoal laboral ao servizo da corporación, equiparado o subgrupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base 12ª das xerais e de conformidade co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Así mesmo, deberán estar en posesión do permiso de conducir da categoría C+E e D+E, na data de finalización do prazo regulamentario de presentación de solicitudes.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base 4ª das xerais.

V. Fase concurso para as prazas reservadas á quenda de promoción interna.

A valoración dos méritos alegados e xustificados polos/as aspirantes na quenda de promoción interna realizarase de acordo co baremo previsto na base 12ª das xerais.

VI. Exercicios da oposición para promoción interna.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estime o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases; cuestionario determinado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non se puntuarán as non contestadas.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo establecido por este en función da natureza da proba.

VII. Exercicios da oposición para a quenda libre.

Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que considere o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases; cuestionario que será elaborado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, non puntuándose as non contestadas.

O órgano de selección, trala análise, número e nivel de coñecementos dos aspirantes presentados, poderá establecer unha puntuación mínima ou nota de corte para superar este exercicio, puntuación que en ningún caso poderá ser inferior a cinco puntos. O acordo que se adopte ao respecto deberá ser publicado e constará na correspondente acta. As e os aspirantes deberán ser informados de tal extremo.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o órgano de selección en función da natureza da proba.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base 10ª das xerais. Exclúese de realizar este terceiro exercicio o persoal que participa pola quenda de promoción interna.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base 10ª das xerais.

ANEXO
Temario (quenda libre)

(Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o subgrupo C2).

Temario específico.

Tema 5. O tacógrafo. Utilización. Obrigas do condutor respecto do seu uso.

Tema 6. A inspección técnica de vehículos. O seu obxectivo e periodicidade.

Tema 7. Requisitos administrativos para a condución de vehículos automóbiles. Permisos de condución. A tarxeta de transporte.

Tema 8. Carga e descarga. Normas e prohibicións.

Tema 9. Transporte de cargas especiais. Normativa.

Tema 10. O circuíto de carga de batería. Circuítos de iluminación do vehículo. Tipos e funcións.

Tema 11. Diversos sistemas de engraxamento. Descrición e aplicacións.

Tema 12. Distintos tipos de motores. Compoñentes. Sistemas auxiliares. Precaucións e mantemento.

Tema 13. Suspensión. Constitución e elementos dos que consta.

Tema 14. Distintos tipos de freos. Compoñentes. Posibles avarías.

Tema 15. Sinalización segundo a Lei e regulamento de tráfico, circulación e seguridade viaria.

Tema 16. Infraccións, sancións e medidas cautelares segundo a Lei e regulamento de tráfico, circulación e seguridade viaria.

Tema 17. Prioridades de paso: cruzamentos, estreitamentos, pontes, obras etc.

Tema 18. Seguros. Modalidades e as súas coberturas. Partes de sinistro.

Tema 19. A Lei 31/95, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas dos traballadores. Delegados de prevención e comité seguridade e saúde laboral. Formación. Vixilancia da saúde.

Tema 20. Riscos e medidas preventivas do posto de traballo: oficial condutor. Riscos específicos do traballo coa grúa hidráulica articulada sobre camión e coa pa mixta. Eslingado de cargas. Traballos en proximidade (aérea e soterrada) a elementos con tensión.

ANEXO
Temario (promoción interna)

Temario xeral.

Tema 1. Referencia aos principios xerais e contido da Constitución de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia. A Xunta de Galicia e o seu presidente, o Parlamento e o Valedor do Pobo.

Tema 2. O municipio. O termo municipal, a poboación e o veciño. O empadroamento. Organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios traballadores segundo o estatuto. Faltas e sancións. O procedemento sancionador do persoal laboral segundo o vixente acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ao servizo do Concello de Vigo.

Temario específico.

Tema 4. O tacógrafo. Utilización. Obrigas do condutor respecto do seu uso. A inspección técnica de vehículos. O seu obxectivo e periodicidade.

Tema 5. Requisitos administrativos para a condución de vehículos automóbiles. Permisos de condución. A tarxeta de transporte.

Tema 6. Carga e descarga. Normas e prohibicións. Transporte de cargas especiais. Normativa.

Tema 7. O circuíto de carga de batería. Circuítos de iluminación do vehículo. Tipos e funcións. Diversos sistemas de engraxamento. Descrición e aplicacións.

Tema 8. Seguros. Modalidades e as súas coberturas. Partes de sinistro.

Tema 9.Infraccións, sancións e medidas cautelares segundo a Lei e regulamento de tráfico, circulación e seguridade viaria.

Tema 10.- Riscos e medidas preventivas do posto de traballo: oficial condutor. Riscos específicos do traballo coa grúa hidráulica articulada sobre camión e coa pa mixta. Eslingado de cargas. Traballos en proximidade (aérea e soterrada) a elementos con tensión.

13. Oficial xardineiro.

I. Número de prazas: 1 (reservada para promoción interna).

II. Características.

En réxime laboral, equiparadas ao subgrupo C2 para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ao subgrupo C2 e as complementarias propias do posto de traballo ao que se adscriban as prazas.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición libre, entre persoal laboral ao servizo da corporación, equiparado o subgrupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base 12ª das xerais e de conformidade co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base 4ª das xerais.

V. Fase concurso.

A valoración dos méritos alegados e xustificados polos/as aspirantes na quenda de promoción interna realizarase de acordo co baremo previsto na base 12ª das xerais.

VI. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que considere o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases; cuestionario que será elaborado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non se puntuarán as non contestadas.

Segundo exercicio.- Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que establecido polo órgano de selección en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base 10ª das xerais.

ANEXO
Temario

Temario xeral.

Tema 1. Referencia aos principios xerais e contido da Constitución de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia. A Xunta de Galicia e o seu presidente, o Parlamento e o Valedor do Pobo.

Tema 2. O municipio. O termo municipal, a poboación e o veciño. O empadroamento. Organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios traballadores segundo o Estatuto. Faltas e sancións. O procedemento sancionador do persoal laboral segundo o vixente acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ao servizo do concello de Vigo.

Temario específico.

Tema 4. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial xardineiro. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectivas nos traballos de xardinería.

Tema 5. Céspede. Implantación do céspede. Preparación do terreo. Sementeira. Sementes e as súas clases, mesturas. A sementaira por tepes. Mantemento do céspede. Tipo de segas. Escarificados. Aireados.

Tema 6. Botánica aplicada á xardinería: a planta conceptos xerais. A raíz, o talo, as follas e as flores. Clasificación das plantas. Nomenclatura. Multiplicación de plantas: asexual e sexual. Pragas e enfermidades: tratamento.

Tema 7. Maquinaria, útiles e ferramentas máis usadas na xardinería. Diferentes tipos de rega. Regas en xardíns e xardineiras.

Tema 8. Plantación de árbores, arbustos e sebes, dimensionado das fochas, época de plantación, rodrigado, apertura, preparación do burato, fertilización. Poda e cirurxía arbórea. Refaldado, corrección na orientación en pólas estruturais.

Tema 9. Solos, análise, emendas e correccións. Fertilizantes e substratos.

Tema 10. Conservación de zonas verdes: conceptos xerais de conservación dunha zona verde. Calendario de conservación ao longo do ano.

Vigo, 10 de decembro de 2013

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Xestión Municipal

ANEXO IV

D. , nº de colexiado ______________,

CERTIFICO que:

Don/Dona.............................................con DNI nº......................................., non padece nin enfermidade nin limitación física que impida a realización das probas físicas exixidas para o acceso para as prazas de (policía local, bombeiro/a-condutor/a bombeiro ) correspondentes a OEP 2010-2011 do Concello de Vigo, publicadas no Boletín Oficial da provincia de data ____________.

missing image file