Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de formalización de contratos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba. Data de adxudicación: 8.10.2013. Contratista adxudicatario: Cholo, S.L. Formalización do contrato: 15.10.2013. Data de adxudicación: 8.10.2013. Contratista adxudicatario: Espina & Delfín, S.L. Formalización do contrato: 24.10.2013.

2. Obxecto do contrato: pavimentación e mellora de servizos en rúa de Foz e rúa Basanta Silva en Vilalba e nova liña de tratamento, deshidratación de lamas e desinfección de augas residuais na EDAR da ampliación do parque empresarial de Vilalba.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: negociado, en ambos os dous casos.

4. Orzamento de licitación e adxudicación:

a) Pavimentación e mellora de servizos na rúa de Foz e na rúa Basanta Silva en Vilalba. Licitación: 115.906,36 €. Adxudicación: 99.377,44 €, ambos os dous sen inclusión do IVE.

b) Nova liña de tratamento, deshidratación de lamas e desinfección de augas residuais na EDAR da ampliación do parque empresarial de Vilalba. Licitación: 99.091,90 €. Adxudicación: 98.677,69 €, ambos os dous sen inclusión do IVE.

O que se fai público para os efectos de dar cumprimento ao que se establece no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Vilalba, 2 de decembro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde