Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de automóbiles en Cuvide (Taragoña).

Pedro Seco Rañó solicitou desta alcaldía licenza municipal para taller de reparación de automóbiles, en Cuvide (Taragoña). En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rianxo, 2 de decembro de 2013

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde