Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO relativo á modificación puntual do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18.11.2013, por maioría, e de conformidade co ditame da Comisión Permanente de Urbanismo e Medio Ambiente, acorda:

(...) «Primeiro. Tomar razón, executar e levar a puro e debido efecto, nos seus propios termos, a parte resolutiva da sentenza ditada o 2 de xullo do 2009 pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 4090/2007-E, que estimou parcialmente o recurso contencioso-administrativo promovido pola entidade mercantil Promociones Inmobiliarias Ramírez, S.L. contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación con data do 20.10.2006, polo que se prestaba aprobación definitiva á segunda modificación do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico-artístico de Pontevedra, que se anula exclusivamente no que atinxe ao rueiro Z4-C52, elemento 16 e, para o seu cumprimento, préstase aprobación á documentación técnica denominada modificación puntual número 4 do Peprica no elemento Z4-C52-16 que abrangue a ficha 4-52-16 corrixida, que substitúe o nivel de protección do predio e edificio sito na rúa Michelena, nº 24, pasando de ambiental A para as plantas existentes a ambiental B, consonte as determinacións do propio Peprica, así como aos planos denominados folla O-7: niveis de protección e folla 52-P: alzados Z4-C52 proposta, documentación técnica redactada polo arquitecto xefe da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística, de xullo de 2013, que anula e substitúe a correlativa do proxecto de modificación aprobado polo Pleno o 20.10.2006, que fora publicado no Diario Oficial de Galicia número 244, do 21.12.2006 e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 100, do 24.5.2007.

Segundo. Dispoñer que se publicite este acordo mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no cal tamén se publicará a nova ficha corrixida, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra e na páxina web http://www.pontevedra.eu

Terceiro. Notificar o presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ás cales se lles remitirá unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento corrixido que se aproba polo presente acto, con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados pola Secretaría Xeral do concello, así como aos demais interesados no procedemento, con ofrecemento dos recursos procedentes.

Cuarto. Dar traslado deste acordo á Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. (...)».

Faise constar que, con data do 28.11.2013, tivo entrada no Rexistro do Portelo Único da Xunta de Galicia a dita documentación, dirixida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Contra este acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Todo isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Pontevedra, 2 de decembro de 2013

P.D.
Beatriz Rodríguez Yáñez
Técnica da Administración Xeral