Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO de información pública sobre nave para reparación de maquinaria agrícola en Albarellos.

Dulcinio Manuel Morais Pereira solicitou nesta alcaldía a licenza municipal para a instalación dunha nave para reparación de maquinaria agrícola na parcela número 1.972 do polígono 504, en Albarellos.

Para cumprir co que dispón o artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública, polo prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Monterrei, 29 de novembro de 2013

José Luis Suárez Conde
Alcalde