Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48932

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (249/2013).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Josefina Mareque Tarrío, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Elisardo Mareque Muñiz fronte a Antonio Mareque Muñiz, Juan Mareque Muñiz, Manuel Mareque Muñiz, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Antonio Mareque Muñiz, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Juan Mareque Muñiz, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Manuel Mareque Muñiz, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 114/03

Na cidade de Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal nº 249/2013 seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Josefina Mareque Tarrío, no seu nome e en representación da comunidade hereditaria de Elisardo Mareque Muñiz, con procurador Sr. Regueiro Muñoz e letrada Sra. Barreiro Reboredo, e doutra, como demandados, Antonio, Juan e Manuel Mareque Muñiz, así como as súas respectivas comunidades hereditarias e herdanzas xacentes, en rebeldía, sobre acción declarativa de dominio, dítase esta sentenza con base nos seguintes:

Decido que, estimando como estimo a demanda interposta por Josefina Mareque Tarrío, no seu nome e en representación da comunidade hereditaria de Elisardo Mareque Muñiz, con procurador Sr. Regueiro Muñoz, fronte a Antonio, Juan e Manuel Mareque Muñiz, así como as súas respectivas comunidades hereditarias e herdanzas xacentes, en rebeldía, debo declarar e declaro que a comunidade hereditaria de Elisardo Mareque Muñiz é propietaria dos predios 261, 262 e 185 do plano xeral de concentración parceira de Sarandón-Vedra, e condeno a parte demandada a estar e pasar pola devandita declaración, así como ao pagamento das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño, que se unirá aos autos a que se contrae.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Modo de impugnación: conforme o disposto no artigo 455.1 LAC, reformado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual, tratándose dun xuízo verbal de contía non superior a 3.000 euros, esta sentenza non é susceptible de recurso ningún.

E encontrándose os devanditos demandados, Antonio Mareque Muñiz, Juan Mareque Muñiz, Manuel Mareque Muñiz, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Antonio Mareque Muñiz, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Juan Mareque Muñiz, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Manuel Mareque Muñiz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

O secretario xudicial