Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48930

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (841/2012).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Beatriz Marta Teixeiro Argueso fronte a Antonio Sánchez Carvajales ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Na cidade de Ourense, 14 de xuño de 2013

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade, os autos de xuízo ordinario nº 841/2012 seguidos por instancia da procuradora Mónica Vázquez Blanco, quen actúa en nome e representación de Beatriz Marta Teixeiro Agueso, quen pola súa vez o fai como mandataria de Susana Paula Teixeiro Agueso, asistida do letrado Javier Blanco Méndez, contra Antonio Sánchez Carbajales, en situación procesual de rebeldía. A acción versa sobre reclamación de cantidade.

Decido que, admitindo a demanda interposta pola procuradora Mónica Vázquez Blanco, en representación de Beatriz Marta Teixeiro Agueso quen pola súa vez actúa en representación da súa irmá Susana Paula Marta Teixeiro Agueso, contra Antonio Sánchez Carbajales, condénase o devandito demandado a aboar a Susana Paula Teixeiro Agueso a cantidade de 13.056 €. A cantidade obxecto de condena devindica o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data da sentenza ata o completo pagamento (artigo 576 da LAC).

As custas impóñense á parte demandada.

Esta sentenza non é firme, contra ela cabe interpoñer recurso de apelación que resolverá a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso interpoñerase por escrito ante este xulgado no prazo dos vinte días seguintes á notificación da sentenza con cumprimento do disposto no artigo 458 da LAC. Indícase á parte demandada que non se admitirá a trámite o recurso se ao anuncialo non acredita ter constituído o depósito de 50 € que exixe a disposición adicional décimo quinta da LOPX, así como ter liquidado a taxa creada pola Lei 10/2012, do 20 de xuño.

Así por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, Antonio Sánchez Carvajales, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 3 de setembro de 2013

A secretaria xudicial