Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48929

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (205/2013).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento verbal 205/2013 seguido por instancia de Barlim, S.L. fronte á demandada Dorita Mª Fernández Díaz, ditouse sentenza nº 140/2013 o 21 de outubro de 2013.

E encontrándose a demandada, Dorita Mª Fernández Díaz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma, indícase que a interesada poderá dirixirse a este xulgado en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto, e faise constar que contra a devandita sentenza non cabe recurso.

A Coruña, 8 de novembro de 2013

A secretaria xudicial