Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48927

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (301/2012).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu sentenza o 28.12.2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Na Coruña, 28 de decembro de 2012

Vistos pola Sección Quinta da Audiencia Provincial, integrada polos maxistrados cuxos nomes se relacionan na marxe, os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento 697/11, tramitados no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, e que ante a Audiencia Provincial pendían en grao de apelación, seguidos entre partes, como demandante-apelante, Adelina Caaveiro Fraga e, como demandada-apelada, Marta Alejandra Ramos Sobrino. É relatora a maxistrada Mª del Carmen Vilariño López.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Decidimos que, con estimación do recurso de apelación formulado pola representación procesual de Adelina Caaveiro Fraga contra a sentenza do 26 de outubro de 2011 ditada nos autos de que esta peza dimana polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, debemos revogala e revogámola, e, no seu lugar, estimando a demanda formulada pola recorrente fronte a Marta Alejandra Ramos Sobrino, debemos declarar que procede o desafiuzamento de Marta Alejandra Ramos Sobrino por falta de pagamento da vivenda-dúplex sita na rúa Cura Meiriño, nº 2, que fai esquina co camiño de Roibo, 3º A, 15570 Narón, así como o rocho anexo ao devandito terreo e a praza de garaxe, na planta baixa do edificio, e identificados coa letra 3º A, e condeno a demandada a desaloxar os predios, deixándoos á disposición do demandante, e ao aboamento da cantidade total de 5.763,02 euros debida ata a data da demanda, sen prexuízo das que se vaian percibindo ata a recuperación da posesión, con apercibimento á demandada de que terá lugar o seu lanzamento se non procede ao seu desaloxo, sen efectuar imposición de custas en ningunha das instancias.

Decrétase a devolución do depósito constituído.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía, Marta A. Ramos Sobriño e Alejandra Ramos Sobrino, expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

A secretaria