Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48925

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1594/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

«Decido que no procedemento recurso de suplicación 1594/2011 desta sección, seguido por instancia de Jacobo Rodríguez Broño contra a empresa Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Sacyr, S.A., Desarrollos Raimat 92, S.L. sobre outros dereitos de Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

Estimamos, en parte, o recurso de suplicación formulado polo letrado José Miguel López Pérez, en nome e representación de Jacobo Rodríguez Broño, contra a sentenza con data do 13 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, no procedemento nº 760/2009 seguido contra as empresas Sacyr, S.A.U. e Desarrollos Raimat 92, S.L., así como contra o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marítimo, sobre indemnización derivada de accidente de traballo, revogando parcialmente a expresada resolución, no sentido de declarar a responsabilidade solidaria da entidade Sacyr, S.A.U. respecto, tamén, da condena ao pagamento da mellora voluntaria establecida no Convenio colectivo de aplicación, confirmándoa en canto os restantes pronunciamentos.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Desarrollos Raimat 92, S.L. con último domicilio coñecido no Gean Mesoiro, 4, A Coruña.

A Coruña, 26 de novembro de 2013

A secretaria xudicial