Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48923

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4777/11-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4777/2011 PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 844/2010 Xulgado do Social número 1 de Lugo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: letrado da Seguridade Social.

Recorridos: Conganort, S.L., Regueiro Trans, S.L., Mutua Fremap, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Alfredo D’Angiulli Mignogna.

Avogados: María Ángeles Gómez Lage, Jorge Estébanez Juega, Xermán Vázquez Díaz.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4777/2011 desta sección, seguidos por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Conganort, S.L., Regueiro Trans, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza do 15 de xullo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Lugo nos autos 844/2010 seguidos entre o demandante e os demandados sobre reclamación de cantidade debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia no sentido de non declarar a responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia empresarial, mantendo os restantes pronunciamentos da sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Conganort S.L., Regueiro Trans, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2013

A secretaria xudicial