Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48934

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (796/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 796/12 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Benito Rodríguez López, Carlos Pereira Quintás e Matías Vila López contra Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por José Benito Rodríguez López, Carlos Pereira Quintas e Matías Vila López, representados polo letrado Sr. Naval Penín, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada ao recoñecemento e aboamento das seguintes cantidades: mil setecentos sesenta e oito euros con sesenta e cinco céntimos (1.768,65), a José Benito Rodríguez López; mil oitocentos corenta e seis euros con vinte e oito céntimos (1.846,28), a Carlos Pereira Quintas, e dous mil cen euros con sesenta céntimos (2.100,60), a Matías Vila López, cantidades ás que haberá de aplicarse o 10 % por amora. E debo absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da ulterior responsabilidade que o puidese alcanzar nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 28 de novembro de 2013

O secretario xudicial