Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1242/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1242/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Celia Boo Vázquez contra a empresa Limpiezas Celeste, S.L., Remalimp Servicios, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Considérase que María Celia Boo Vázquez desiste da pretensión de aboamento da suma de 1.922,77 euros reclamada na demanda que orixinou este procedemento, en concepto de rateo de pagas extraordinarias de marzo a agosto de 2009 e diferenzas nas retribucións de setembro de decembro de 2009 polo aboamento do salario a razón de 35 horas semanais, e decrétase o sobresemento deste procedemento respecto da dita pretensión.

Que estimando substancialmente a demanda interposta por María Celia Boo Vázquez, contra Remalimp Servicios, S.L. e Limpiezas Celeste, S.L., debo condenar e condeno as demandadas solidariamente a lle aboar á demandante a suma de mil vinte e tres euros con trinta e dous céntimos (1.023,32 €), máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberá observar o previsto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda da Lei reguladora da xurisdición social).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Remalimp Servicios, S.L. e Limpezas Celeste, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

A secretaria xudicial