Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (203/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 203/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Olatz del Amo Serna contra a empresa Camilo Carballal, S.L., José Miguel Alonso Martínez, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Pablo Abelenda Suárez, Francisco García Dios, Roberto Fieller dos Santos, Ernst&Young sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Que desestimando a demanda interposta por instancia de Olatz del Amo Serna, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro contra a entidade Camilo Carballal, S.L., representada por Ramón Carballal Dávila e asistida polo letrado Sr. Eiriz Lovelle, contra Ernest and Young, representado polo administrador concursal Andrés Lucendo Monedero, contra Pablo Abelenda Suárez, José Miguel Alonso Martínez e Francisco García Dios (representantes dos traballadores), contra Roberto Fieller dos Santos e José Antonio García López, e contra o Fogasa, que non comparecen neste acto, con intervención do Ministerio Fiscal, non procede declarar a nulidade da decisión empresarial e absólvense as demandadas das pretensións aducidas contra elas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Déixese testemuño nas actuacións».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a José Antonio García López, Pablo Abelenda Suárez, José Miguel Alonso Martínez, Francisco García Dios, Roberto Fieller dos Santos, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

A secretaria xudicial