Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (941/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 941/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Fontal Busto contra Erasmo Pérez González e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda interposta por Yolanda Fontal Busto, representada pola letrada Sra. Fontal Caldeiro, contra a empresa Erasmo Pérez González, que non compareceu malia estar citada en legal forma, e con intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de catro mil trescentos vinte euros con vinte e nove céntimos (4.320,29) máis o 10 % por mora.

Isto sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Erasmo Pérez González, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 25 de novembro de 2013

O secretario xudicial