Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (563/2013).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 563/2013, por instancia de José Antonio García Becerra contra Asgal 28, S.L.U., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 11 de outubro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido. Estímase a demanda interposta por José Antonio García Becerra contra Asgal 28, S.L.U. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que une o demandante coa empresa Asgal 28, S.L.U.

– Condénase a empresa Asgal 28, S.L.U. a lle aboar ao demandante a cantidade de catro mil trescentos corenta e sete euros con corenta e un céntimos (4.347,41 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Asgal 28, S.L.U., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de novembro de 2013

A secretaria xudicial